
Mª José Martínez López foi a gañadora do Campañazo de Acia/CCA Foz do pasado venres, 21 de novembro. Para ela foron os 300 euros en vales de compra por cantar o bingo en primeiro lugar. O cartón agraciado fóralle entregado na Farmacia Antonia Ulloa e o premio foille entregado no Muelle Bar, que o foi o local desde o que esta rapaza seguiu o sorteo. Outras nove persoas recibiron tamén vales de compra para gastar no comercio asociado a Acia/CCA Foz. Este venres ás 23.00 horas en directo por Radio Foz terá lugar o último sorteo do Campañazo do mes de novembro, unha iniciativa que cada ano ten máis éxito.

























María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



