Un ano máis, MULLERES EN IGUALDADE BURELA, realiza a súa CAMPAÑA DE RECOLLEITA DE ALIMENTOS EN SUPERMERCADOS EROSKI DE BURELA, poñendo un carriño da compra xunto a porta, para que aquel que o desexe poida colaborar connosco, aportando o seu gran de area e poder conseguir entre todos, que todas as persoas de Burela que están pasando fame, poidan ter un prato quente de alimentos que levarse á boca nestas datas. Así, Bumei pide a colaboración de todos os cidadáns para conseguilo, e resaltan a necesidade de doazóns en forma de: pañais, leite, leite infantil, produtos de hixiene persoal, produtos de limpeza, conservas, tomate frito, hortalizas envasadas, galletas, arroz, lentellas, garavanzos, azucre, fariña, cacao, aceite, café, caldo…..así como conxelados e alimentación en xeral.
Campaña de recollida de alimentos en Burela
Campaña de recollida de alimentos en Burela
Relacionado
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba