Ribadeo, 3 de decembro de 2014. O salón de actos da Casa do Concello de Ribadeo acolleu este mércores a presentación da XII edición do tradicional Mercado do Nadal da man do alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez. O Mercado do Nadal 2014 levarase a cabo entre os días 5 e 8 de decembro, coincidindo coa ponte da Constitución, e estará situado por primeira vez e coma gran novidade no entorno da rúa Doutor Moreda. Nel participarán 25 expositores que poñerán á venta produtos manufacturados e artesanais en ámbitos tan diversos coma o coiro, a xoiería, a cerámica ou mesmo a produción de embutidos. Coincidindo co inicio do Mercado do Nadal o venres, 5 de decembro, procederase tamén ao acendido do alumeado destas festas nas rúas de Ribadeo, que será “un chisquiño máis intenso que en anos anteriores”, segundo o rexedor.
O alcalde ribadense recoñeceu que “cando facemos esta presentación quere dicir que ven o Nadal a Ribadeo, porque as vindeiras festas aquí comezan precisamente co Mercado do Nadal, que casualmente nunca é no Nadal, senón que se celebra a principios do mes de decembro aproveitando a ponte. Unha ponte que este ano é un pouquiño máis recortada, pero non por iso menos intensa, senón que vai estar cargada de actividade e o Mercado do Nadal, na súa XII edición, vaise a celebrar en Ribadeo outra vez, organizado polo Concello, dende a área de Desenvolvemento Local que dirixe a miña compañeira Ana Martínez, e tamén coa colaboración económica da Deputación Provincial de Lugo”.
Fernando Suárez adiantou que “neste ano, coma en cada edición sempre facemos algunha innovación, cambiamos a situación para resaltar algún outro ámbito urbano que ás veces deixamos un pouco máis de lado. Neste caso vai estar concentrado na rúa Doutor Moreda. Precisamente, hai unhas semanas lle demos unha volta a praza de abastos e queríamos aproveitar este entorno para concentrar alí todos os expositores deste ano. En total haberá 25 postos e os artesáns, tanto de coiro, madeira, embutidos, cerámica, instrumentos musicais, xoiería, sempre co reclamo do arte feito a man e profesionais auténticos van facer as delicias de todos os vrciñ@s de Ribadeo, de todos os de A Mariña e de todos os do occidente de Asturias que van vir, sen dúbida, nestes día ao noso concello”.
O alcalde destacou que “coma en anos anteriores, non só facemos un Mercado do Nadal para vender todos estes produtos manufacturados á man, senón que tamén vamos facer unha serie de actividades, e para iso contamos coa colaboración dunha serie de asociacións coma son a Asociación de Amigos da Madeira de Ribadeo, a Asociación Amigos da Gaita e o Coro do Colexio Sagrado Corazón. Ademais haberá un sen fin de actividades de contacontos e obradoiros que farán que todos os días haxa algo que facer pola mañá, pola tarde e pola noite, aparte de loxicamente comprar neses expositores”.
Suárez Barcia rematou a presentación do XII Mercado do Nadal animando a “que esta capitalidade comarcal que temos aquí instaurada en Ribadeo, dende hai un tempo para acó, sirva para convidar a tódolos amigos e amigas do entorno da vila, nun radio moi amplo, para que sigan vindo a gozar do noso comercio e desta nova edición do Mercado do Nadal, un mercado que coincidirá no seu inicio, o mesmo día 5 de decembro, co acendido do alumeado de Nadal de Ribadeo. Un alumeado que é un chisquiño máis intenso que en anos anteriores, aínda que temos que dicir que non moito máis”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



