No día de hoxe, a prensa local recolle as declaracións de Raquel Arias, delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, confirmando que, tras unha reunión con Antonio Bouza Rodil, concelleiro do PP en Viveiro, a Consellería de Medio Rural e do Mar está valorando a decisión de ceder o edificio do antigo centro comarcal da Mariña Occidental “para usos sociais e culturais para os veciños”, avanzando, así mesmo, que se están analizando os trámites necesarios para facer realidade esta demanda e que, de feito, o venres haberá unha reunión na Consellería do Medio Rural e do Mar para avanzar na iniciativa.
Ante estes feitos, o Concello de Viveiro quere aclarar que “os trámites para a reversión dos terreos e do edificio se iniciaron en 2013 cando, o 16 de decembro de 2013, se recibe un escrito da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Rural e do Mar indicando que a consellería está contemplando a posibilidade de informar favorablemente a reversión a esta concello do terreo posto a disposición da Xunta de Galicia (sito en Avda. Ramón Canosa, s/n (vía litoral, zona Lodeiro) e máis o construído nel (centro comarcal), en canto sexa solicitada, reservándose o dereito de manter na edificación as unidades desa consellería (Oficina Agraria Comarcal e Distrito Forestal VI)”.
Na sesión plenaria ordinaria celebrada o 6 de febreiro de 2014 o Concello de Vvieiro adopta, entre outros, o acordo de solicitar a desafectación e reversión dos terreos e inmoble referidos e mais facultar á Alcaldesa para que poida dispoñer e asinar cantos documentos sexan precisos para tal fin.
A partir desa data, en diversas ocasións, contactouse telefonicamente coa Consellería para solicitar información sobre o estado no que se atopaba a tramitación do expediente de reversión, mostrando o interese desta alcaldía por axilizar a reversión e poder dispoñer, en beneficio dos veciños e veciñas de Viveiro, dese inmoble.
O 30 de outubro de 2014, ante a falta de comunicación oficial ao respecto, esta Alcaldía remíte senllos escritos á Consellería de Medio Rural e do Mar e máis á Consellería de Facenda solicitando información sobre o estado no que se atopa a tramitación do expediente para a desafectación e reversións dos terreos sitos en Avda. Ramón Canosa, s/n e máis do edificio neles construído.
O 14 de novembro de 2014 solicítase unha reunión co Xefe Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar indicando que o asunto a tratar é a reversión dos terreos e inmoble referidos.
O 14 de novembro de 2014 recíbese escrito da Secretaría Xeral Técnica e de Patrimonio, pertencente á Consellería de Facenda, dando resposta á solicitude de información anterior e indicando que o acordo plenario de data 6 de febreiro de 2014, sobre o centro comarcal, fora remitido á Consellería do Medio Rural e do Mar en data 14 de febreiro de 2014 por ser o órgano competente na materia, dado que o inmoble nunca pasou a formar parte do patrimonio autonómico, ao ter a condición o terreo sobre o que se edificio de dominio público marítimo terrestre.
Despois destas múltiples mostras de interese polo expediente referido, esta Alcaldía é convocada polo Vicesecretario da Consellería de Medio Rural e do Mar para acudir a unha reunión prevista para o 25 de novembro de 2014, ás 12:00 horas, na sede da consellería. Por motivos de axenda do Vicesecretario, a xuntanza prevista para o día 25 de novembro de 2014 tivo que ser anulada e, finalmente, terá lugar o vindeiro martes, 9 de decembro de 2014, segundo conversa telefónica mantida co propio Vicesecretario no día de onte.
Tendo en conta os feitos descritos, que demostran as xestións realizadas e o interese desta alcaldía pola reversión do inmoble, non se comprende o anuncio realizado no día de onte pola Delegada Territorial ofrecendo, por iniciativa de Antonio Bouza Rodil, concelleiro do PP, a cesión do centro para usos sociais e veciñais ou a convocatoria dunha reunión con ese concelleiro para o vindeiro venres. Considérase, finalmente, que o que realmente procede neste momento é tramitar a desafectación e reversión acordada na sesión plenaria do 6 de febreiro de 2014, pola que esta alcaldía mostrou interese en múltiples ocasións.
Viveiro, 3 de decembro de 2014.
A alcaldesa, María Loureiro García























A organización, a cargo da Asociación R.C.M. Amigos de Monte Castelo, abrirá a venda de parcelas os días 21 e 22, en horario de 18:30 a 20:30, primeiro para confirmar as reservas do ano anterior e despois para repartir as libres. O venres terá lugar a misa na igrexa de Vila do Medio ás 20:00 e, xa pola noite, a actuación do grupo Pekados e o DJ Balbi. O sábado comezará coa sesión vermú a cargo de SP The Sound Project, seguida do concurso de disfraces, xogos infantís, tardeo con DJ Pepu, bingo musical con Marisa Prisa e unha verbena con Pantera Rosa e Gin Toni’s. O domingo celebrarase a misa e procesión en honra á Nosa Señora das Marabillas ás 13:00, e a sesión vermú correrá a cargo do dúo Épok. A romaría conta coa colaboración do Concello de Burela, ABSA e Ledicia, ademais de numerosos establecementos locais.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.



