Cervo, 6 de decembro de 2014- O “Universo eléctrico” de Fabián Reino estará exposto na Casa da Cultura durante todo o mes de decembro. Trátase dunha mostra de 25 fotografías coas que o artista quere amosar unha realidade diferente. Toma como base imaxes da súa autoría, que edita dixitalmente, e que teñen como resultado o que el chama “dixitografías”. Así, despois dun proceso de creación, Fabián Reino consegue fotografías plásticas, que semellan incluso debuxos, con texturas e cores irreais.
Unha mostra que xa foi inaugurada nun acto no que estivo presente a edil de Cultura, Begoña Alonso, o fotógrafo Fabián Reino xunto a demais público. As “dixitografías” estarán expostas na Casa da Cultura ata o 30 de decembro e poderanse visitar de luns a venres de 09.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.
En canto ao autor, Fabián Reino naceu en Bos Aires (1964) pero vive en Lourenzá dende hai 25 anos. Os seus primeiros contactos coa fotografía foron cunha Kodak Fiesta, aínda que coa era dixital modernizou o seu equipo e comezou a sacarlle partido á nova tecnoloxía.
Esta é a última exposición que acollerá a Casa da Cultura no 2014, despois de que pola súa sala pasasen numerosos artistas coas súas respectivas obras. Nestes 12 meses, veciños e visitantes puideron ver obras de pintura, fotografía, escultura, gravados ou artesanía. Pero hai que lembrar que ademais da sala da Casa da Cultura existen outros espazos municipais onde tamén se exhibiron exposicións, como as Carboeiras de Sargadelos ou o edificio anexo ao Concello, o Centro Cultural e de Servizos á Cidadanía de Cervo.
“Llevamos años trabajando de forma continuada para abrir las puertas de los edificios y salas municipales a los artistas con el objetivo de que hagan llegar sus obras al público y, al mismo tiempo, para potenciar la cultura y el arte”, remata Alonso.





















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



