Lourenzá, 10 de decembro de 2014. Lourenzá acollerá os Días de Viños e Tapas esta fin de semana, concretamente o venres 12 e o sábado 13, e o Mercado de Nadal celebrarase no mercado gandeiro os días 20 e 21 cunha trintena de postos. Estes dous eventos están organizados pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) e contan coa colaboración do Concello de Lourenzá.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que “o Concello colabora, un ano máis, coa celebración do Mercado de Nadal que organiza a asociación de comerciantes locais o fin de semana dos días 20 e 21 deste mes de decembro. Será no mercado gandeiro e alí desde as 10 da mañá ata as 9 da noite poderán visitarse os distintos stands e participar nas diferentes actividades que ACIAL preparou para as xornadas. Durante estes dous días haberá inchables gratis para os nenos e o sábado ás 7 da tarde terá lugar unha exhibición de zumba infantil e ás 9 da noite celebrarase un sorteo dunha cesta entre todos aqueles que fagan compras ese día no mercado. Tamén se entregarán os premios do concurso de postais que organizou o Concello en colaboración coa asociación de comerciantes”.
A rexedora municipal engadiu que “é unha boa ocasión para que poida visitar Lourenzá xente de fóra do noso concello e tamén para que os veciños do municipio poidan disfrutar de case todos os comercios que temos xuntos, nun único recinto. Ademais darase así o pistoletazo de saída a unhas datas tan sinaladas como son as do Nadal”.
A vicepresidenta de ACIAL, Marta Sánchez Seivane, especificou que no Mercado de Nadal haberá unha trintena de expositores, dos que a maioría son de Lourenzá pero tamén están inscritos dous de Ribadeo e un de Mondoñedo. Neles poñeranse á venda diversos produtos, como artesanía, roupa, calzado, mobles, alimentación e automoción. Ademais poderase comer polbo e churrasco a prezos populares.
Os Días de Viños e Tapas serán este venres 12 pola noite e o sábado 13 ao mediodía e á noite en nove establecementos hostaleiros: La Unión, O Pipote, Galaxia, Cantón, Recanto, O Torreón, Morrigan, Trasgu e Airiños. As tapas venderanse a 1,50 euros e os participantes na ruta poderán entrar no sorteo dunha estadía dun fin de semana nun spa.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



