Lugo, 10 de decembro de 2014. O vicepresidente e responsábel de Benestar e Deporte da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, participou esta mañá no Refectorio do Museo Provincial na presentación da xira que fará a compañía luguesa Teatro de Miolo pola provincia presentando a súa obra para público infantil ‘4 Tempos’. Xunto a Veiga, participaron no acto Iria Acevedo e Guillermo Cancelo, compoñentes da agrupación teatral.
“Desde Vicepresidencia, unha vez máis levamos teatro por toda a provincia. Neste caso dun xeito moi especial, ademais coincidindo en datas de Nadal, xa que é teatro dirixido aos máis pequenos da casa. Teatro do Miolo ofrecerá a súa peza teatral ‘4 Tempos’ en cinco funcións que se levarán a cabo en Cervantes, no Teatro de Ribadeo, na Casa da Cultura de Muimenta, na Casa da Cultura de Monforte e tamén terán representacións en Lugo”, explicou Antonio Veiga
Proposta teatral diferente
O vicepresidente provincial engadiu que “desde a Área de Benestar queremos convidar aos colectivos que traballan con cativos e cativas, e ao público en xeral, a asistir a estas funcións, pois consideramos que propostas artísticas como esta deben ser coñecidas e formar parte do lecer cotiá das nosas nenas e nenos, pois como ben din dende Teatro do Miolo, quen se educa apreciando manifestacións artísticas será unha persoa flexible, aberta, creativa, solidaria e viva. De aí a importancia desta proposta teatral totalmente diferente ás que se veñen ofrecendo dende Cultura e Vicepresidencia”, valorou Veiga.
O 23 de decembro, en Ribadeo
Esta pequena xira arrincará mañá no colexio de Cervantes, cunha función que da comezo ás 11.00 horas. A segunda etapa terá lugar en Lugo. A obra ‘4 Tempos’ será representada no Salón de Exposicións da Deputación o 18 de decembro. Contará con dous pases, un ás 17.30 horas e outro ás 18.30 horas. O 23 de decembro (17.30 horas) chegará ao Teatro de Ribadeo e o día 27 estará na Casa da Cultura de Muimenta, a partir das 17.30 horas. Pecharán a xira o 29 de decembro na Casa da Cultura de Monforte, cun pase que dará comezo ás seis da tarde. As funcións serán totalmente de balde.
A compoñente de Teatro do Miolo, Iria Acevedo explicou en que consiste a obra. “’4 Tempos é unha obra de teatro para bebés –de 0 a 6 anos-, que é unha viaxe poética polas distintas estacións do ano. Sucede todo no mesmo espazo, coas catro estacións, estimulando sobre todo os cinco sentidos dos pequenos. A música, o narrador emocional de toda a historia, está composta por Miguel Granero, e nós consideramos que educar aos pequenos dende que son realmente bebés é moi importante para que empecen a apreciar as distintas manifestacións artísticas. O público faise dende que somos nenos”, apuntou.
Gran acollida no Culturgal
Pola súa banda, o seu compañeiro Guillermo Cancelo destacou o gran éxito que colleitaron esta pasada fin de semana no Culturgal, onde representaron esta obra logo de que foran escollidas entre as propostas que presentou a Área de Cultura da Deputación a esta Feira das Industrias Culturais Galegas. “A verdade é que estamos encantados, porque acabamos de chegar do Culturgal en Pontevedra, onde tivemos unha acollida fantástica e mesmo fomos contratados polo Concello de Pontevedra in situ, logo de que viran o noso espectáculo, para participar na presentación da súa Semana do Libro. É un luxo porque, dalgunha maneira, é recoñecer o traballo que facemos en Lugo, onde o teatro profesional está saíndo fóra”, concluíu.






















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



