Lugo, 15 de decembro de 2014.- A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, anunciou este luns que o Grupo Provincial Popular presentará alegacións aos orzamentos presentados por José Ramón Gómez Besteiro para 2015 posto que ve nestas contas recortes, partidismo e incumprimentos cos veciños e cos Concellos.
Así, as alegacións presentadas polos populares céntranse nas principais demandas dos lucenses (emprego, infraestruturas e servizos sociais), logo de que os socialistas e nacionalistas non as atenderan nos seus orzamentos para 2015; así como na falta de cooperación cos concellos.
Alegacións
Os populares lembran que o goberno provincial vendeu a posta en marcha dos primeiros orzamentos participativos, porén a súa análise rigorosa manifesta que Besteiro non atende ás peticións dos veciños e non incrementa considerablemente as contías económicas dirixidas a atender ás áreas elixidas polos lucenses (emprego, infraestruturas e servizos sociais).
Así, nas alegacións os populares pedirán un incremento en investimentos reais tanto para novas infraestruturas como para a reparación das xa existentes. As infraestruturas viarias inflúen no día a día dos veciños, así como tamén no dos visitantes e tendo en conta que existen dúas comarcas nas que ten forte incidencia o sector turístico; os populares pedirán dous plans específicos de adecuacións de estradas, un para a Mariña e outro para a Ribeira Sacra.
En materia de emprego, os populares solicitan que con cargo aos orzamentos de 2015 se garanta un plan de emprego regulado por unhas bases na que podan participar todos os Concellos da provincia. Mentres que, en servizos sociais, o GPP esixe que se garanta a dotación orzamentaria suficiente para dar cumprimento á normativa de servizos sociais.
Cooperación cos concellos e subvencións nominativas
Os populares na análise dos orzamentos tamén se manifestaron críticos co partidismo e coa falta de cooperación da Deputación de Lugo cos concellos da provincia de Lugo. Tanto é así que, do total dirixido a administración locais a través de subvencións nominativas; só un 15% é para concellos gobernados polo PP.
En concreto, o GPP pide que se amplíen as partidas dirixidas a garantir a asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica aos municipios; e tamén solicita que se incremente a partida dirixida ao Plan de Obras e Servizos (POS).
Nas subvencións nominativas esixe que se garanta o principio de igualdade entre concellos e que así, todos os municipios, con festas de interese turístico, teñan garantida unha subvención.
Outras das alegacións citadas céntranse na mellora da xestión das rutas de catamarán; no incremento da liña de axudas ás confrarías lucenses e que a maiores se cree unha para a Federación Provincial de Confrarías ou na dotación dun programa para a posta en valor do patrimonio da Deputación.
Datos orzamentarios
Na rolda de prensa, os populares recordaron os recortes orzamentarios. Entre 2008 e 2015, Gómez Besteiro recortou nun 61% os investimentos reais e nun 38% as transferencias de capital, pasando de 40.69 millóns de euros a 15.8 millóns de euros e de 10.7 millóns a 6.6 millóns respectivamente.
En concreto, no que atinxe a investimentos reais, en 2008, de cada 100 euros, 34 destinábanse a investimentos reais, mentres que en 2015, de cada 100 euros, tan só irán 17; e no tocante a transferencias de capital, en 2008, de cada 100 euros, 9 ían para estas e en 2015 de cada 100 euros soamente irán 7.

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



