BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, amósase sorprendido polas declaracións efectuadas nas últimas horas desde o BNG “dicindo que a culpa das sancións é do PP, xa que non ten fincas alugadas. Dicir que non ten aparcadoiros en disposición para a xente que ven a Barreiros, eso é querer xustificar o inxustificable”. O rexedor entende que “o BNG queira defender á Deputación, porque temos unha estrada na que non se inviste nada, outra estrada parada, investimentos de 4 millóns de euros que non queren executar no noso concello… eu invitaría ó señor Antonio Veiga como concelleiro que é en Barreiros a que non intentara xustificar nin amparar ó presidente da Deputación e o que fixera fose axilizar para que os investimentos desa estrada saíran xa e se adxudicaran e se puxeran os terreos a disposición para que se puideran iniciar as obras, eso sería o que tería que facer e non querer xustificar o inxustificable”.
Fuente Parga engade que “hoxe, por ter ese dato, sumamos os metros cadrados de terreo que temos alugado na costa de Barreiros para aparcadoiros e suman a cantidade de 35.942 metros cadrados e que salga este señor dicindo que non temos aparcamentos suficientes, eso xa é o colmo, porque non fai falta máis que darse un paseo por tódalas praias do noso concello para ver que en todas elas se non hai un hai dous terreos sinalizados como aparcadoiro municipal gratuíto. Ou sexa que están perfectamente sinalizados todos eses aparcadoiros, aínda así oxalá foran ás veces insuficientes que non o son. Oxalá que non fosen suficientes porque iso querería dicir que hai moita xente que decide vir a Barreiros, pero cada ano alquilamos máis prados ou poñemos máis prados a disposición para poder aparcar e evidentemente estamos a falar duns prados que os seus propietarios boamente nos alugan para poñer a disposición”.
O rexedor considera que “si nestes 35.000 metros tivésemos que facer unhas obras para acondicionalos como aparcadoiros evidentemente tería un custe moi elevado para un uso de dous meses escasos, pero están perfectamente acondicionadas as súas entradas para poder utilizalos”. Alfonso Fuente tamén alude ás declaracións de Antonio Veiga nas que este falaba dos paseos marítimos construídos en Barreiros. O alcalde cre que “todos eses paseos marítimos que fixo o Ministerio de Medio Ambiente precisamente o que fixeron foi sacar os vehículos de encima da costa en moitos casos, os vehículos que aparcaban na mesma beira impedían que a xente puidese pasar andando e gozar vendo as praias e todo esto, pois estes paseos marítimos impediron esto. Por esto o Concello de acordo co Ministerio de Medio Ambiente e co Servizo de Costas fomos alugando eses campos para poder crear esos aparcadoiros. Pero aínda nos sorprende moito máis que se poida pedir que se fagan beirarrúas, que se acondicione a estrada cando é unha estrada de titularidade provincial, é dicir, é de titularidade da Deputación Provincial que é a que ten que executar as melloras na estrada, facer beirarrúas e facer tódalas obras que sexan necesarias no vial”. Fuente Parga conclúe dicindo que “resulta que aquí a quen se culpa é ó Concello, e se di que faga as obras o Concello, home se o Concello non é o propietario do vial, o propietario do vial é o que ten que executar esas obras e entón por eso nos chama moito máis a atención. Insisto que nos sorprendeu moitísimo porque estas declaracións dicindo que non hai aparcadoiros nas praias de Barreiros, que non hai suficientes aparcadoiros é de alguén que non coñece as praias de Barreiros ou que nunca pasou por elas porque non fai falla máis que pasarse un día no coche e ver que hai todas estas zonas para aparcar”.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



