O Xulgado do Social de Lugo ven de dictar Sentenza pola que se condena ao Concello de Burela a repoñer a dous traballadores da Escola de Música nas condicións de traballo anteriores á modificación laboral practicada polo Concello. Estes dous profesores sofreran no mes de marzo unha redución substancial da súa xornada laboral (de 14 a 7 horas e de 15 a 5 horas semanais respectivamente), a proposta da propia Dirección do centro e que derivou nun Informe da Concelleira de Cultura, Mónica Pedre e nun Decreto da Alcaldía.
O Xulgado do Social xa emitira no mes de agosto sentenza favorable a un dos profesores, á que agora se suma unha nova sentenza a favor do segundo traballador afectado. A sentenza non só considera inxustificada a decisión do Concello de reducir a xornada laboral a estes profesores, se non que tamén recoñece que se “vulnerou a garantía de indemnidade”, así como a “existencia dunha vontade de represalia” por parte do Concello.
O BNG xa denunciara publicamente esta situación no seu día e cualifica de gravísima a decisión do Concello ao “actuar de forma improcedente e vulnerando dereitos dos traballadores, reducindo a súa xornada sen xustificación laboral algunha e respondendo, exclusivamente, a unha vontade criminalizadora e represiva do goberno do Partido Popular contra quen ten defendido o seu posto de traballo”.
O BNG pedirá a dimisión da Concelleira de Cultura, pola súa responsabilidade directa neste asunto
Desde o BNG sinalan que pedirán responsabilidades políticas do goberno municipal e, en concreto a dimisión da Concelleira de Cultura, Mónica Pedre, como responsable de emitir o informe que derivou na precarización das condicións laborais dos traballadores, tomando como base outro informe da propia Dirección da Escola de Música no que se propoñía a redución da xornada dos dous traballadores cos que mantiña unha “tensa relación”, como recolle a propia sentenza.
Igualmente, o grupo municipal do BNG esixirá o inmediato cumprimento das decisións xudiciais e que, en base ás mesmas, se repoña a xornada de traballo aos dous profesores da Escola de Música, tal como se recolle na propia sentenza. Neste sentido, o alcalde deberá explicar por que a día de hoxe aínda non se repuxo aos dous profesores e que medidas se van adoptar con respecto á Dirección do centro, depois de terse negado a repór o horario lectivo destes profesores e chegando mesmo a pór en cuestión a propia resolución xudicial.
Desde o BNG tamén tachan de “demagóxica” a actitude do goberno municipal a respecto das ensinanzas de música municipais e a súa aposta por crear novas formacións que substitúan ás existentes só polo simple feito de non gostar do actual profesorado, abandonando así o traballo de base que se ten feito tanto desde a Escola Municipal como desde a Banda de Burela e a Burela Blues Band.


















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



