Foz, 29 de decembro de 2014. En xaneiro de 2015 chega una nova edición do Campañazo da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIA) – Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz, que repartirá 3.000 euros en vales de compra durante os venres 2, 9, 16, 23 e 30 do vindeiro mes. Os sorteos serán retransmitidos en directo por Radio Foz a partir das 23:00 horas. Cada venres haberá un premio de 300 euros en vales de compra para o primeiro que cante o bingo e varios premios que sumarán outros 300 euros entre o resto de cartóns premiados. Os interesados poderán conseguir os seus cartóns comprando e consumindo nos 43 comercios e 24 locais hostaleiros que participan no Campañazo.
Nesta nova edición do Campañazo para o mes de xaneiro participan os comercios: Librería Bahía / Din Don, Cenor Belianorte, Catorce Cero Catro Shop, Carnicería Mercedes, Casa Moreda, Centro Dietético y Nutrición Alba Vila, Decoraciones Pura, Don Zapato, Electricidad Núñez, Estanco Expendeduría Nº2 (García Lorca), Farmacia Antonio Ulloa, Librería A Rapadoira, Ferretería Fuente, Floristería La Gardenia, Ginzo Hombre y Mujer, Hola Ola, Kukadas, La Flor Abulense 2, Lencería Esther, Longarela Moda Hombre y Mujer, María Docampo, Ofifoz, Parafarmacia Foz, Pastelería Cafetería Anduriña, Pastelería Bombonería Amarena, Pescadería Os Coyotes, PI-R Moda Hombre, 5 Lobiños Moda Infantil, Joyería Iria Rodríguez, Farmacia Fátima Saa, Salai Campo, 100 P´S Zapatería y Complementos, Subministros Veipa, Viajes Rodríguez, Mapfre, Asesoría Marcos Fernández, Centro Óptico Eliseo, Construcciones y Canalizaciones José Saa, Estación de Servicios Foz, MRW, Alain Afflelou, Peluquería Ramone. E os establecementos hostaleiros: Restaurante Bar Acuario, Restaurante Asoalta, Cafetería Restaurante Costumes do Mar, Cafetería Happy Days, Cafetería Xoyma, Restaurante Fina, Cervecería Portovello, Cervecería Regata, Bar O 78, Fraggle Rock, O Tangarte, O Tangarte Mariñeiro, Casa Damián, A Rula, Restaurante As Brasas, Restaurante Dandy, Marexada, Pizzería Xoíña, O Chícaro, Cafetería Mary Ros, A Bolera, O Sera, Cafetería Express e Bar O Naútico.





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



