O Grupo Humorístico Trípode trasnoitou o pasado 2 de xaneiro, xa que xusto na medianoite, actuou co seu “Xuízo anticorrupción” na Cafetaría “Puente” da Pontenova. Varias decenas de persoas interromperon as copas e a música para rirse un cacho con Trípode. Na función participaron tamén varios espectadores, incluído o propio dono do local, Quico. O acto estivo organizado pola Asociación Cultural “As Minas”, da Pontenova.
Trípode na Pontenova