Lugo 4 de xaneiro de 2015.-A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, tilda o Plan Estratéxico de Subvencións (PES) da Deputación de Lugo como “un pacto económico para que un perdedor das eleccións –Besteiro- aguante no sillón e un partido residual (BNG) poda dispoñer de fondos públicos para financiar aos amigos”.
“O grupo provincial popular non está en contra de que as entidades beneficiarias reciban pero o plan é moi mellorable”- manifesta Candia, quen asegura que esta proposta non é a que necesitan os veciños e, probablemente, sexa o documento que lle faga falta aos socialistas para ter o poder.
Prioridade na Área de Presidencia e reparto partidista
Candia analizou o reparto por áreas e manifestouse crítica en que a Área de Presidencia reciba unha contía parella á Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos, sendo esta a principal competencia das Deputacións Provinciais de Lugo. De aí, que a voceira popular se referira ao PES como un plan ao servizo de intereses políticos.
A maiores, a popular lamentou que os fondos de todos os lucenses se dirixan só a uns poucos. Tanto é así que, do total repartido en subvencións nominativas, o 84% dirixese a concellos do PSOE e do BNG, e só o 15% ao do PP.
De igual maneira os procesos de concesión a seguir reflexan a falta de transparencia e de igualdade de oportunidades. O 34% das axudas son concedidas por un procedemento directo, ao que a popular cualificou de dixital. Mentres, só nun 11% está garantida a concorrencia competitiva.
Candia tamén criticou a falta de claridade e transparencia, xa que no resto das subvencións “nin tan sequera se establece o procedemento a través do que se concederán as axudas, situación que nos permite afirmar con contundencia que é un plan oscuro”- concluíu.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



