Barreiros, 5 de xaneiro de 205. O salón de plenos do Concello acolleu hoxe a entrega de agasallos da campaña Un neno, un xoguete, unha iniciativa organizada pola Rede de Voluntariado Local, en colaboración coa asociación VEA.
O alcalde, Alfonso Fuente Parga, foi o encargado de facer entrega dos regalos aos nenos e ás nenas das familias con menos recursos do municipio “para que ningún neno quede sen xoguetes nestas datas tan especiais”. En total beneficiáronse deste programa de Nadal, xa consagrado na vila, un total de 9 familias e 16 nenos.
Os Magos de Oriente, que esta tarde participarán na cabalgata de Barreiros, quixeron deixar hoxe moi cedo no Concello os agasallos para estas nenas e nenos. De madrugada seguirán co reparto de xoguetes polas casas do municipio.