Lugo, 10 de xaneiro de 2015.- Un total de 37 centros educativos da provincia de Lugo recibirán as axudas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para incentivar o funcionamento de Clubs de Lectura no seo da súa biblioteca escolar; no marco da convocatoria que o departamento educativo da Xunta realizar para impulsar estas iniciativas en centros públicos que acollen ensinanzas de secundaria, bacharelato, de réxime especial ou de Formación Profesional –tanto no réxime ordinario como no dirixido ás persoas adultas-. En total o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad destinou 200.000 euros ao impulso destes grupos de dinamización da lectura, o que supón un incremento do 21,2% respecto do curso anterior, investimento do que se beneficiarán 228 clubs de centros e institutos de toda Galicia, 19 máis ca no 2013/2014.
Entre os criterios de valoración dos proxectos presentados a Consellería prestou especial atención a aquelas iniciativas destinadas a impulsar a lectura de textos en lingua galega e que procuren contribuír a un maior vínculo das mozas e mozos coa nosa lingua e literatura propias. Así mesmo, no caso dos centros que repitan a experiencia, valorouse a cualificación acadada polo centro na memoria do ano anterior.
As contías que reciban os centros dedicaranse, fundamentalmente, á adquisición de libros para as actividades do club, que pasarán posteriormente aos fondos da biblioteca escolar. Os centros da provincia seleccionados son os que se indican no seguinte cadro:
| Centro | Concello |
| CPI Luís Díaz Moreno | Baralla |
| IES de Becerreá | Becerreá |
| IES Monte Castelo | Burela |
| IES Perdouro | Burela |
| IES da Terra Chá, José Trapero Pardo | Castro de Rei |
| CPI de Castroverde | Castroverde |
| IES Lama das Quendas | Chantada |
| CPI Virxe do Monte | Cospeito |
| IES de Foz | Foz |
| CPI Dr. López Suárez | Friol |
| IES Poeta Díaz Castro | Guitiriz |
| CPI Tino Grandío | Guntín |
| CIFP Politécnico de Lugo | Lugo |
| EOI de Lugo | Lugo |
| IES Ánxel Fole | Lugo |
| IES Leiras Pulpeiro | Lugo |
| IES Muralla Romana | Lugo |
| IES Nosa Señora dos Ollos Grandes | Lugo |
| IES Sanxillao | Lugo |
| IES Xoán Montes | Lugo |
| IES Pedregal de Irimia | Meira |
| IES Plurilingüe San Rosendo | Mondoñedo |
| IES A Pinguela | Monforte de Lemos |
| IES Francisco Daviña Rey | Monforte de Lemos |
| IES de Monterroso | Monterroso |
| CPI de Navia de Suarna | Navia de Suarna |
| IES do Camiño | Palas de Rei |
| IES Enrique Muruais | A Pontenova |
| IES de Quiroga | Quiroga |
| EOI de Ribadeo | Ribadeo |
| IES Gregorio Fernández | Sarria |
| IES Xograr Afonso Gómez de Sarria | Sarria |
| IES Lois Peña Novo | Vilalba |
| IES Santiago Basanta Silva | Vilalba |
| EOI de Viveiro | Viveiro |
| IES María Sarmiento | Viveiro |
| IES Vilar Ponte | Viveiro |
Grupos de dinamización da lectura
Oobxectivo desta convocatoria de axudas é apoiar a creación de clubs de lectura nos centros educativos como grupos de dinamización en prol do hábito lector que favorecen a incorporación á lectura da mocidade máis reticente. Neste sentido cómpre sinalar que os clubs funcionan como espazos nos que os máis novos poden expresar as súas inquedanzas, debater cos outros arredor das mesmas e compartir emocións e opinións. Así mesmo, a apertura dos clubs a nais, pais e outros membros da comunidade educativa contribúen a crear no seu seo ambientes lectores cheos de riqueza e achegas de persoas de diferentes idades e intereses. Asemade, os clubs están a ser en moitos casos unha oportunidade para descubrir os novos soportes para a lectura dixital, espazos para a experimentación con dispositivos electrónicos e formatos como os booktrailers, os blogues e as redes sociais.
O éxito desta actividade de dinamización da lectura, entre outras das impulsadas pola Consellería teñen representado importantes avances na adquisición da competencia lectora por parte do alumnado galego. Non en balde, os máis recentes estudos neste eido (PISA 2012) indican que as mozas e mozos de Galicia presentan, con 499 puntos, un índice de competencia lectora superior á media europea – que se sitúa en 489 puntos- , á media española (488) e á media dos países da OCDE (496).
Ademais de favorecer este hábito entre o alumnado – e a comunidade educativa en xeral- os clubs de lectura son espazos para a aprendizaxe de competencias básicas na vida cotiá, educación cidadá, para o debate, a convivencia e o contacto coas novas tecnoloxías da información e a comunicación. As experiencias destes grupos quedan, en moitos casos, reflectidas en blogues que poden consultarse nos enlaces http://lerenmancomun.blogspot.com.es/ e http://librosaeito.blogspot.com.es/ .





















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



