Burela, 13 de xaneiro de 2015. A Concellería de Cultura deu a coñecer hoxe os nomes dos gañadores dos dous concursos organizados con motivo das recentes festas de Nadal: os certames de poesía infantil e de postais. A elección dos premiados fíxose publica despois da xuntanza mantida polo xurado nas últimas horas. Os premios serán outorgados o vindeiro venres, 23 de xaneiro, ás 19.30 horas na sala de arte da Casa da Cultura de Burela, e consistirán na entrega de distintos lotes de material escolar adaptados á idade e categoría de cada rapaz.
No certame de poesía infantil Nadal 2014, establecéronse tres categorías. Na primeira, dirixida a nenos de ata 8 anos, alzouse como gañador Sergio Romero González de 8 anos de idade e estudante do CEIP Vista Alegre. O segundo premio recaeu en Nerea Francos Cornide e o terceiro en Nerea Gómez Lestegás, ambas tamén de 8 anos de idade e estudantes do mesmo centro. Na categoría B, de 9 a 11 anos, o primeiro premio recaeu en Laura Quiroga Rivas, de 10 anos e estudante no CEIP Virxe do Carme. O segundo premio foi para a estudante de 10 anos do CEIP Vista Alegre, Sabela Balseiro Rivas e o terceiro para Nausica Bernardi Ares, de 9 anos e estudante neste mesmo colexio. Xa na categoría C, de 12 a 16 anos, outorgáronse dous premios. O primeiro foi para a rapaza de 15 anos, Irene Rico, alumna do IES Monte Castelo. E o segundo, para Macarena Ledo de 16 anos e estudante do IES Perdouro.
No certame de postais de Nadal 2014, os premios dividíronse nun total de cinco categorías. A primeira foi a dirixida a alumnos de educación infantil de 0 a 3 anos. Nesta categoría, Aarón Vieira Vaz, de 3 anos, e alumno do CEIP Fondo Nois, foi o gañador do primeiro premio coa postal número 7. O segundo premio recaeu na postal número 3 de Carolina Goas Trelles, de 1 ano de idade, e alumna da Escola Infantil Galiña Azul. Na segunda categoría, de 4 a 5 anos, Xosé Riveira Alonso, de 5 anos e estudante no CEIP Vista Alegre, levou o primeiro premio coa postal número 17. O segundo recoñecemento foi para a postal número 5 de Hugo Lorenzo Basanta, de 5 anos e alumno do CEIP Virxe do Carme. Xa na categoría de 1º e 2º de Primaria, o primeiro premio foi para a postal número 40, pertencente á estudante de 2º curso do CEIP Vista Alegre, Nerea Gómez Lestegás, gañadora tamén no certame de poesía de Nadal desta mesma edición. O segundo premio recaeu na postal número 14 de Larissa Rocha Gómez, alumna tamén de 2º curso no centro de educación primaria Virxe do Carme.
Na categoría de 3º e 4º de Primaria, os gañadores foron: Gabriel Pillado de 3º curso do CEIP Virxe do Carme, que se alzou co primeiro premio coa postal número 8 e Ainoa Rey Piñeiro de 4º curso deste mesmo colexio, que obtivo o segundo premio pola postal número 47. E xa na última categoría, dirixida a nenos de 5º e 6º de Primaria, resultaron gañadoras dúas alumnas: en primeiro lugar, a estudante de 6º curso do CEIP Vista Alegre, Alba Jiménez Rodríguez, coa súa postal número 53, e en segundo posto, a alumna de 5º curso do CEIP Virxe do Carme, Carla Enríquez Canoura, coa postal número 14.
A concelleira de Cultura, Monica Pedre, mostrou a súa felicitación aos gañadores e a tódolos participantes que formaron parte desta edición, na que concretamente participaron 251 nenos/as no concurso de postais e 125 no de poesía”.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



