Burela, 21 de xaneiro de 2015.- O Concello de Burela “mellora pouco a pouco os datos da situación económica herdada en 2011, que trouxo consigo o crédito do pago anticipado a provedores derivado da presenza de 1.300.000 euros en facturas sen pagar e sen cartos para facelo”. Segundo o alcalde, José Mª González Barcia, “así o reflicten os datos provisionais da liquidación do presuposto de 2014”.
O rexedor adiantou hoxe algúns datos referidos á liquidación provisional do presuposto de 2014 a 31 de decembro pasado. Barcia dixo que “os datos, aínda que provisionais, están bastantes afinados e non se agardan variacións substanciais”.
O alcalde burelés adiantou que “o remanente de tesourería aumenta en 2014 con respecto a 2013 en 219.000 euros. O remanente foi en 2013 de 1.386.911 euros e a 31 de decembro de 2014 é de 1.605.599 euros, o que xa dá unha idea clara de que a situación vaise equilibrando ano a ano”.
No tocante aos fondos líquidos cos que contaba o concello a día 31 de decembro de 2014, segundo o alcalde, “o resultado aínda é moito mellor, xa que pasamos duns fondos líquidos en 2013 de 121.183 euros a contar con 606.420 euros a 31 de decembro de 2014, o que significa que estamos xestionando con sentido común sen facer ningunha toleada, tal e como facemos cada quen de nós nas nosas casas”.
González Barcia indicou que “o terceiro dato que nos anima a seguir traballando baixo a regra de non gastar máis do que temos é o resultado presupostario a 31 de decembro de 2014, que é positivo para o Concello en 498.597 euros, o que significa que efectivamente estamos gastando menos do que ingresamos”.
O rexedor lembrou que “o último dato consolidado referido ao pago á provedores, é dicir, o cumprimento da Lei de Morosidade, o do terceiro trimestre de 2014, tamén é positivo, xa que a demora no pago, desde o rexistro e contabilidade da factura hasta o pago efectivo, foi só de nove días”.
O alcalde dixo: “estamos cumprindo o principio de estabilidade presupostaria, de non gastar máis do que temos, e cumprimos coa Lei de Morosidade, ou sexa, pagamos en prazo aos nosos provedores, co que tamén lles axudamos a eles a saír da crise económica”.
José Mª González Barcia engadiu que “onde temos problema é na regra de gasto. A regra de gasto é un concepto técnico que impide gastar máis do que se gastou o ano anterior en función do incremento do Produto Interior Bruto (PIB). E cando se fixou en 2012 non foi nada favorable para o noso Concello, xa que foi o ano no que se concretou o crédito de pago a provedores derivado da herdanza do bipartito; en cambio, e con respecto a 2012, cumprimos a regra de gasto en 2013, e cumprimos en 2014 con respecto a 2013. Pero con todo, temos que aplicar un novo plan de control do gasto”.
O rexedor burlés indicou que “o novo plan de control do gasto non significa reducir nin un só dos servizos que estamos prestando. Adianto que non haberá ningún apagón de servizos municipais, aínda que, iso sí, haberá que afinar moito noutro tipo de gastos que aínda se poden reducir considerablemente”.
O alcalde afirmou que “as medidas concretas do plan de contención do gasto quedarán postas de manifesto nos presupostos do presente ano, que aprobaremos na primeira quincena de febreiro aínda que algunhas van incluídas no plan de control de gasto que temos elaborado”.
González Barcia manifestou que “a aplicación de máis rigor no gasto é un acto de responsabilidade política e de responsabilidade de goberno”. Dixo que “se nos fiáramos pola época en que estamos, miraríamos para outro lado, pero a nós os veciños déronnos a responsabilidade de gobernar non por ser máis ou menos simpáticos ou dar máis o menos palmadiñas no ombro, senón porque actuamos con rigor e seriedade”.
O alcalde de Burela finalizou indicando que “as medidas concretas de contención do gasto anunciarémolas nos vindeiros días, previamente á aprobación dos presupostos municipais” e reiterou que “non haberá ningún apagón de ningún servizo municipal. En todo caso, a situación económica do Concello vai mellorando, e é sensiblemente mellor, sen permitir nin foguetes nin alegrías, á que nos atopamos”.





















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



