Os rapaces e rapazas das Escolas Deportivas Lourenzá Mondoñedo obtiveron un total de 16 metais no Campionato Provincial de Atletismo en pista cuberta que se celebrou o domingo 25 de xaneiro no Gregório Pére Rivera en Lugo.
CATEGORÍA BENXAMÍN
David Mtnez.- 2º/Prata en altura: 0,95
5º en 500: 1,58
Brais Díaz.- 2º/Prata en 500: 1,45
Final de 50 ml: 6º – 9,18
Diana Lastra.- 1ª/ Ouro en 500: 1,51,
1ª/ Ouro na final de 50 ml: 8,77
Ian Méndez.- 1º/ Ouro en llonxitude: 3,04
4º/ en 1000 ml.: 4,09
Carmen García.- 1ª/ Ouro en altura: 1,00
2ª/ Prata en 1000: 4,21
Completaron a actuación:
Aarón Millares.-8º en 500: 2,01
5º final de 50ml.: 9,10
Antía Iglesias.-7ª en 500: 2,07
8ª en lonxitude: 2,02
Iria Rguez.- 8ª en 500: 2,10
Claudia Iglesias.-11º en Lonxitude: 1,76
5ª en 1000: 4,49
Nicolás Álvarez.- 1º/Ouro en altura: 1,15
4º en 1000ml: 3,39
Jimena Otero.- 2ª/Prata en Peso: 5,06
9ª en lonxitude: 2,44
Fernando Vallines.- 1º/ Ouro en Peso: 7,46
9º/ en 500: 2,01
Hiba Bouyzar.- 2ª/Prata en 500: 1,40
7ª en 60lisos: 10,20
Marta Alonso.- 1ª/Ouro en peso: 5,40
9ª en 500: 1,55
Hugo Villalba.- 3º/Bronce en 1000: 3,30
Ademais, completaron a actuación os seguintes alevíns:
Ayoub Khaled.- 6º en lonxitude: 2,86
7º en 60lisos: 10,56
Valeria Álvarez.- 8ª en 1000: 4,33
6ª en altura: 0,90
Aldara Fdez.- 10ª en lonxitude: 2,41
10ª en 500: 1,55
Carme Alonso.- 5ª en 1000: 3,57
Samuel Debasa.- 7º en 500: 1,53
5º en lonxitude: 3,03
CATEGORÍA INFANTIL
Ana Vallines.- 1ª/ ouro en 1000ml: 3,27
5ª en altura: 1,20
Ainara Rguez.- 2ª/ plata en 500: 1,33
Mencía Mtnez.- 3ª/bronce en peso: 6,96
Tamén participaron na categoría:
Aleix Díaz.- 5º en 500: 1,33
6º Final 60 ml: 9,42.
Imad Itrid.- 12º en 500: 1,50
11ª en 60 l: 10,40
Claudia Graña.- 4ª en triple: 7,52
5ª en 50 vallas: 12,75
Ainhoa López.- 4ª en vallas: 12,73
7ª en triple: 7,52
Alba Alonso.- 6ª en 500: 1,44
7ª en 60 lisos: 9,73
Ribadeo
Andrea Rodríguez, do Atletismo Ribadeo, tamén logrou un bronce no provincial na proba de 50m lisos cun tempo de 9.13.

























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
