Lugo, 27 de xaneiro de 2014.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, sinalou este martes que “o importante labor de promoción turística que realiza a Xunta de Galicia está a dar os seus froitos” e iso reflíctese en datos como “as cifras históricas de turistas estranxeiros rexistrados na provincia de Lugo no ano 2014, onde estes viaxeiros aumentaron con relación ao ano anterior nun 32%”.
Así, Arias subliñou que preto de unha de cada tres persoas que visitaron a provincia nalgún momento do ano proceden do mercado internacional (180.718 persoas), “o que está directamente relacionado co traballo de difusión que leva a cabo a Xunta a través de Turismo de Galicia”.
Os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) revelan que visitaron a provincia entre o 1 de xaneiro e o 31 decembro do 2014 un total de 634.230 viaxeiros, o que en conxunto, “supón unha subida no balance xeral de 13,8%, o maior incremento de tódalas provincias galegas”, segundo indicou a representante do Executivo galego.
Arias, acompañada pola xefa da área de Turismo en Lugo, Paloma Vázquez, considerou que estas cifras “extraordinarias” vense refrendadas por un aumento dos viaxeiros nacionais destes en dous xeodestinos da provincia: a Ribeira Sacra recibiu un 20,5% máis destes turistas; e a Mariña Lucense, un 8,2% máis de viaxeiros nacionais.
Cidade de Lugo
En ámbolos dous casos, este incremento do mercado nacional coincidiu tamén cun avance no notable no número de viaxeiros totais nas dúas zonas. Un 19,9% na Ribeira Sacra e un 8%, na comarca da costa lucense. Esa corrente positiva non se reflectiu na cidade de Lugo, onde baixou o número de turistas nacionais un 5,5%, incidindo en que o número total de viaxeiros caeu en case un 4% (125.276 viaxeiros) no medio dun contexto autonómico de crecemento xeralizado.
A delegada indicou que esa baixada relativa tivo “unha caída pronunciada durante o verán, coincidindo coa folga do lixo na cidade de Lugo”, algo que tamén expresou Vázquez ao referirse aos datos de usuarios da oficina de Turismo da Xunta en Lugo.
Arias tamén aludiu ao incremento na demanda hoteleira en toda a provincia, que aumentou no 2014 un 10% con relación ao exercicio anual anterior, situándose preto da barreira do millón de pernoctacións (947.035, en total).
A delegada territorial insistiu en que os datos constatan que “que o sector continúa na senda de crecemento en dobles díxitos que marcou xa no ano 2013. Se hai un ano falabamos dunha subida de case o 11% no número de viaxeiros aloxados na provincia, agora confírmase que ese repunte era o inicio dunha tendencia que agora se materializa co crecemento do 13,8%”, enfatizou.
Na mesma liña, o número de peregrinos que chegaron a Compostela seguindo algunha das tres rutas oficiais que atravesan a provincia de Lugo aumentou tamén, alcanzando un 7,75% máis que no ano precedente, deparando que 185.334 peregrinos rematasen en Santiago a ruta xacobea logo de ter realizado o Camiño Francés, o Camiño do Norte ou o Camiño Primitivo.
Colaboración co sector
Arias valorou “a positiva evolución do sector, que se está a lograr, por suposto, co esforzo de todos os axentes implicados”. Así, referiuse tamén á implicación da Asociación Provincial de Hostalería en iniciativas como o acompañamento ao pelotón de La Vuelta, ou ao esforzo dos concellos atravesados polo Camiño de Santiago e os Municipios Turísticos por ofrecer a mellor atención aos peregrinos e visitantes, sempre coa colaboración da Xunta a través de distintos departamentos.
A Xunta, destacou, “respalda todas estas iniciativas ao tempo que impulsa a promoción nacional e internacional dos nosos recursos turísticos”. Como exemplo, expuxo que mañá mesmo, “a provincia de Lugo vai a arrancar cun papel protagonista dentro do stand da Xunta de Galicia en Fitur”. Durante a xornada de mañá, Arias explicou que se presentará a nova guía “… E para comer, Lugo”, a partir das 16.00 horas, promovida pola Asociacións Provincial de Empresarios de Hostelería. Tamén na tarde de mañá, contra as 18.30 horas, a Mancomunidade Mariña Lucense dará a coñecer Mariña Lucense, Mágica por naturaleza.
O xoves, dende as 11.00 horas, tocaralle o turno ao proxecto La Muralla Romana de piedra y de bytes, que promove o Concello de Lugo, que a partir das 12.30 horas terá relevo na proposta do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra: Ribeira Sacra Mírame.
Arias incidiu en que esta aposta por promocionar a provincia en Fitur ten que continuar “a boa senda dos últimos anos, onde se incide en valores que distinguen a Lugo doutros territorios: unha variada e atractiva oferta gastronómica, ambiental e patrimonial, baseada nun esmerado coidado e na nosa forma de entender a vida, o que fai que o turista que nos visita nos valore especialmente”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



