Cervo, 18 de febreiro de 2015.- A Asociación Mulleres Rurais As Espalladoras e o Concello de Cervo presentaron hoxe o cartel e o programa do Entroido de San Román que terá lugar este sábado. No acto estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Xuventude, Yolanda Pedreira, a de Cultura, Begoña Alonso, a presidenta das Espalladoras, Inés Cobas e a tesoureira, Raquel Ferreira, entidade que organiza os eventos e coa que colabora o Concello así como a Asociación de Montes de San Román e a Fundación Alcoa.
En canto ás actividades, comezarán ás 22:30 horas no pavillón da parroquia co desfile de disfraces e o concurso, no que se repartirán ata 1.500 euros en premios repartidos nas categorías individual, parellas, grupos, comparsas (máis de 10 persoas) e charangas (con instrumentos musicais), e divididos á súa vez en infantís e adultos. Ao remate será o momento do baile de Entroido amenizado pola Orquestra Palladium.
A edil de Xuventude asegura que “o Entroido de San Román ten moita tradición e todos os anos atrae a numeroso público”. Ademais, “é unha oportunidade excepcional para seguir gozando do ambiente festivo do Entroido”, polo que convida a veciños e visitantes a participar.




















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



