Barreiros, 18 de febreiro de 2015.- O próximo sábado 21 de febreiro ás 18:30 horas o Praias de Barreiros FS recibe no Pavillón Municipal ó Talleres Vilaboa FS. O conxunto barreirese segue a contar os partidos por victorias, xa son doce triunfos nos 12 encontros disputados e cada vez está mais preto de acadar o obxetivo final. O partido ante o Talleres será o primeiro dos tres últimos encontros que lle restan por xogar como local ó Praias.
Por todos estes motivos, o sábado foi nomeado polo clube como o ‘Día da afición’ durante o encontro espérase realizar unha comunión equipo-afición, unha maneira de agradecer o apoio recibido dende o incio da tempada ata o momento actual. Por iso, todos os afeccionados que acudan vestidos con prendas de cor verde recibirán un agasallo por parte do clube.
Ademáis no descanso do encontro sortearase unha noite con almorzo incluido na “suite” da Tapería-Refuxio O Castro (patrocinador principal do equipo de fútbol sala). Para participar pódese cubrir un número por tan só 1€, durante a semana no Mesón Oliñas, no bar A Ribeira e o mesmo día do partido no Pavillón Municipal.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
