19 de febreiro de 2015.- Este sábado 21 de febreiro a Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei acollerá desde as 17 horas a proba final do concurso escolar de recitado de poesía “Rosalía sempre viva”, que a Fundación Manuel María de Estudos Galegos convocou no presente curso por vez primeira. Trátase dunha iniciativa que busca festexar o día do aniversario de Rosalía de Castro, o vindeiro 24 de febreiro. Manuel María definíase a si mesmo como un “devoto rosaliano”.
En total serán 74 as alumnas e os alumnos, chegados de centros de toda Galiza -da Coruña ao Carballiño e de Viveiro a Moraña-, e de todas as etapas do ensino non universitario, os que participarán na proba final do concurso. Todas estas rapazas e rapaces foron previamente seleccionados nunha primeira fase do concurso nos seus centros.
Os participantes no concurso divídense en catro categorías diferentes: alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria; alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria; alumnado da ESO; e alumnado de Bacharelato. Na primeira das categorías as bases permiten o recitado en grupo; no resto das categorías o recitado é individual, sempre dun poema único de entre toda a obra poética rosaliana.
Un xurado, que vai estar composto polos escritores Paco Martín e Marica Campo e pola profesora Anxa G. Refoxo, será o encargado de avaliar a calidade dos recitados e de decidir os gañadores: valoraranse aspectos como a naturalidade no recitado, a expresividade, a memorización ou o grao de dificultade do poema escollido.
Haberá catro premios individuais, un por categoría, e un premio especial para o centro que tiver máis participantes na fase final do concurso. Ademais, o xurado poderá conceder mencións honoríficas para os participantes que considerar oportuno.
A proba final do concurso dará comezo ás 17 horas para o alumnado que concorre na primeira categoría (os máis pequenos) e ás 17.25 para as restantes categorías. De xeito complementario ao certame, realizaranse visitas guiadas á Casa-Museo para as familias acompañantes e para os estudantes das categorías superiores. Para os máis pequenos haberá unha sesión de contacontos e xogos e mesmo un tempo para a merenda.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



