Burela, 19 de febreiro de 2015.- O Concello acondicionará os vestiarios do pavillón polideportivo dos Castros. Farao con cargo ao POS 2015. Os traballos suporán un investimento de 22.700 euros. As instalacións foron supervisadas hoxe polo alcalde, José Mª González Barcia, e polos concelleiros de Obras e Deportes, Manuel Fernández Valle e Beatriz Piñeiro, xunto co director do colexio, Jesús Arranz, e a presidenta da ANPA, Mercedes Rubal. Os membros do equipo de goberno explicáronlles a Rubal e Arranz as obras que queren realizar. O rexedor anunciou que “se contratarán tan pronto como sexa posible e está previsto facelas neste mesmo curso escolar”.
Fernández Valle indicou que “o que imos facer é proceder á renovación dos alicatados do chan e das paredes ademais de todo o que ten que ver coa fontanaría desas instalacións. Queremos que eses vestiarios estean nas mellores condicións posibles para a súa utilización”.
Piñeiro lembrou “o compromiso deste equipo de goberno coa educación e co deporte deste concello. Durante o verán renovouse a pista polideportiva descuberta deste mesmo colexio, na que se investiron 22.000 euros”.
O concelleiro de Obras engadiu que “nas últimas semanas tamén estamos a pintar e renovar os vestiarios do pavillón dos institutos. A nosa preocupación por arranxar todas estas instalacións é máxima”.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



