Burela, 19 de febreiro de 2015.- O Burela FS Pescados Rubén afronta a 23ª xornada de Primeira División LNFS, na casa do titánico ElPozo Murcia FS, recuperando sensacións, tras o pase a semifinais da Copa Galicia, e efectivos, co regreso de Isi, logo dun mes apartado por unha rotura de fibras. O partido, que arrincará ás 21.00 horas no Palacio dos Deportes de Murcia, poderá seguirse en directo por Onda Regional de Murcia.
O equipo mariñán chegará á pista do terceiro clasificado (51 puntos) defendendo a décima praza (26 puntos). “Xogar na pista de ElPozo sempre é difícil e nesta ocasión aínda se nos complicará máis; o rival vén de perder dous partidos consecutivos, con Inter e Barcelona, e ten a necesidade de gañar” explicaba Juanlu facendo referencia ás últimas xornadas dos murcianos, que non encadeaban dous resultados en contra desde hai máis de dous anos. “Ademais a nosa vitoria na primeira volta (4-3) sérvelles a eles de aviso para non relaxarse” engadía o técnico laranxa cun chamamento á evolución do traballo dos burelistas: “O obxectivo é aumentar as nosas prestacións; podemos facelo mellor que nos últimos partidos”.
O cadro de Juanlu realizará esta tarde a última sesión da semana, ás 20.30 horas, na pista murciana.
O Parrulo FS
O Burela FS Pescados Rubén xa ten data para semifinais da Copa Galicia logo de impoñerse 2-5 ao CD Mosteiro Bembrive, de Segunda B, o martes. Será o mércores 18 de marzo na pista de O Parrulo FS (A Malata, 21.15 horas), de Segunda, que venceu ao Cidade de Narón (2-3) en cuartos.
Convocatoria ElPozo Murcia FS: 1. Fede, 7. Juampi, 9. Bebe, 10. Álex, 11. Miguelín, 14. Adri, 17. Raúl Campos, 19. Ique, 21. Gréllo, 25. Iago Barro, 26. Matteus, 33. Lima
Baixas: José Ruiz, Rafa e Fabio lesionados. Por decisión técnica Franklin.
Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 3. Bellvert, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Behroz, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 14. Miguel, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 29. Ángel





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
