Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible.
Por unha banda, “este grupo municipal fixo un Rogo no Pleno do 8/5/2014 ante a solicitude de varios veciños da parroquia de Galdo para que se puxeran colectores de vidro e cartón no lugar da Feira, preto do Bar Casa Eladio. Como queira que ó día de hoxe non se colocaron e polo que lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa ou ó Delegado de Medio Ambiente, que atendan dunha vez esta petición e se coloquen os citados colectores en Galdo e xa de paso aproveiten para poñerlle suxeccións ó resto de colectores desta parroquia que carecen deles”.
En segundo lugar, recorda que “no pleno do 2/10/2014 este grupo facíalle un Rogo á Sra. Alcaldesa dando traslado das peticións de varios veciños do Barrio de Verxeles, na súa maioría persoas de idade, da necesidade de máis bancos para sentarse xa que os que había resultaban insuficientes. A súa resposta foi que cando fose posible e que a idea era facelo cando se acometese na zona a obra para dotar a Viveiro dun doble sentido de circulación. Como dita obra xa comenzou e polo que lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que realice as xestións oportunas para a colocación dos citados bancos”.
Así mesmo, recorda que “nas casas preto da Ponte en Portochao, na parroquia de Galdo (estrada LU-P-6602) hai un tubo que atravesa a estrada e que se encontra tupido, motivo polo que en época de choivas non evacua correctamente e provoca que algunhas destas vivendas se inunden. Segundo os veciños desta zona levan preto de tres anos sufrindo esta situación, motivo polo que lle ROGAMOS á Sra. Alcadesa que se proceda a destupir o mencionado tubo ou se dirixa o organismo competente e traten de darlle unha solución para evitar que este problema se siga repetindo”.
Tamén na parroquia de Galdo, “tal e como nos comentan varios veciños, existe un eucalipto cruzado na Ponte de Cal – xa dende decembro -, motivo polo que estos temen que si hai unha riada poida desbordarse o río. Por este motivo lle ROGAMOS á Sra. Alcadesa que procedan a súa retirada ou ben se dirixa ó organismo competente para liberar a ponte da mencionada árbore”.
E, finalmente, “na Ponte de San Martiño en Galdo hai un enorme socavón que entraña un grave risco para os vehículos, motivo polo que lle ROGAMOS á Sra. Alcadesa que proceda o seu arreglo ou se dirixa ó organismo competente para que lle den unha solución e evitar os riscos que entraña dito socavón nesta vía pública”.



















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



