Burela, 2 de marzo de 2015. Os gañadores do concurso ‘O galego na onda’ viaxarán este martes a Santiago de Compostela para visitar a sede central da Radio Galega, segundo informa a Concellería de Educación e Cultura.
Mónica Pedre sinala que “a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anunciou o 20 de febreiro que o Concello de Burela resultou gañador da fase autonómica do certame radiofónico e dinamización lingüística O galego na onda, convocado pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia”. E subliñou que “os gañadores deste concurso son 7 alumnas e alumnos do IES Perdouro que están invitados a visitar a sede central da Radio Galega para participar no programa Galicia por diante”. Será mañá martes, 3 de marzo. Os rapaces estarán acompañados polo alcalde burelés, José Mª González Barcia.