Cervo, 2 de marzo de 2015- O Goberno do Estado autorizou a cesión da Casa do Mar de San Cibrao ó Concello de Cervo. Desta maneira, o Concello pasa a dispoñer deste edificio, de 1.164 m2 de superficie útil, de forma que poderá darlle un uso público e utilizalo libremente para os fins previstos, entre eles o traslado do Punto de Atención á Infancia e a ampliación e mellora de servizos.
A cesión farase efectiva a partir deste martes, cando o alcalde de Cervo asine o documento administrativo de cesión co delegado de Economía e Facenda de Lugo, Luis Fernando Jácome. Dende ese momento, o Concello disporá do edificio de pleno dereito, podendo realizar todo tipo de obras e reformas que sexan necesarias para adecuar as instalacións aos novos usos.
Cabe destacar que o Concello levaba moitos anos reclamando a cesión do inmoble. Foi no 2008 cando o edificio quedou sen uso e o Concello iniciou os trámites coa Tesourería Xeral da Seguridade Social en Lugo. Pero durante os anos do goberno socialista a solicitude non foi tramitada nin chegou a enviarse a Madrid, onde tiñan que resolver a cesión. Foi no 2012 cando se desbloqueou o expediente e se iniciou a súa tramitación.
Un trámite complexo
O proceso para que o Concello conseguise a cesión da Casa do Mar de forma gratuíta foi longo e complexo. Unha das principais dificultades atopábase en que o edificio forma parte do Patrimonio do Estado. Ademais, a Casa do Mar estaba afectada polo dominio público marítimo-terrestre, polo que foi imprescindible desafectar a parcela.
Sen esquecer que foi necesario facer xestións con diferentes departamentos, como son a Dirección Xeral de Costas, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a Dirección Xeral de Patrimonio do Estado, que forman parte de tres ministerios diferentes.
O alcalde de Cervo asegurou hoxe que “esta é unha moi boa noticia e ademais moi importante, xa que dispoñer da Casa do Mar abre novas posibilidades para ofrecer servizos públicos e mellorar os existentes”. Sen esquecer as melloras que traerá para o Punto de Atención á Infancia, que se instalará na Casa do Mar. O rexedor asegurou que as obras comezarán en poucos días.
De feito, os pais e nais dos alumnos do PAI foron os primeiros en coñecer a noticia da cesión. O venres pasado o rexedor e membros do goberno reuníronse con eles para informalos, e aproveitaron tamén para darlles as grazas pola súa implicación, xa que participaron nas reivindicacións para axilizar os trámites.
O alcalde tamén quixo destacar e agradecer a “importante colaboración” do voceiro do Grupo Parlamentario Popular no Senado, José Manuel Barreiro, “que foi clave para conseguir a ansiada cesión e que estivo moi involucrado durante todo o proceso”.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



