Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), presenta unha moción contra o catastrazo do Partido Popular.
O pasado Nadal e como “regalo de reis”, o goberno do Partido Popular, no seu afán recaudatorio, remiteu miles de cartas do Ministerio de Facenda – Xerencia do Catastro, “invitando” ós constribuíntes, donos de vivendas unifamiliares a pagar 60€, por unhas supostas modificacións catastrais.
Como medidas de defensa do contribuínte, danlle:
1.- A posibilidade de aceder a través de Internet con un código de verificación, que o único que aclara e a subida que se fai do valor catastral, pero non se decatan que unha gran parte da población desconoce por completo o uso da informática.
2.- Desprazarse ata a capital da provincia, para poder ver o seu expediente, cos seus consiguentes costes e tempo. Esto é o que se chama “acercar a Administración os administrados”.
Despois de examinar, múltiples casos remitidos a veciños de este Concello, observamos, que hay unhas subidas considerables do valor catastral, e que en algúns casos acadaría mais do 500%, e por consiguinte unha subida unha brutal no recibo da contribución que van a ter que pagar no futuro; e máis, teñen a pouca vergonza de remitir estas atentas a moitos xubilados, e paradoxicamente seguidamente por outra banda, a Ministra de Emprego de Seguridade Social nas mismas datas remítelles unha carta congratulándose de unha “subida das pensións” que ronda os tres euros, cando en algúns casos de este concello van a ter que pagar recibos de IBI, por viviendas unifamiliares, que van a rondar los 500€; polo que o mes que lle toque pagar o IBI, non poderá comer.
É por iso que iVi solicita do Pleno da Corporación municipal “Solicitar o apoio dos distintos grupos políticos, presentes no parlamento da Xunta de Galicia , para que insten o Goberno de España, a revocar estos acordos de alteración catastral, e confeccionando un catastro acorde as posibilidades reais dos contribuintes, tendo en conta os salarios e pensións dos veciños”.
Tamén “instar o equipo de goberno de este Concello, a revisar o tipo impositivo, para tratar de adecuar o mesmo a uns varemos menores, para que se ciñan ás posibilidades reais dos veciños”.
E instar ó equipo de goberno de este Concello, a modificar a ordenanza, e posibilitando o pago trimestral dos recibos, sin ter que solicitar o fraccionamento, xa que de esta maneira redundaría nunca mellor liquidez para o Concello, e na posibilidad dunha facilidad de pago para os cidadáns.
ROGOS
1. Na Avda. Ramón Canosa e Avda. Gerardo Arguindei Banet, que unen Viveiro e Celeiro, faltan un total de 26 árbores. Por elo ROGAMOS o equipo de goberno faga tódaslas xestións pertinientes para a reposición de dita arboreda nesa zona.
2. No paseo de fachada e variante de Viveiro faltan varias farolas dende fai tempo, que xa foron reclamadas noutras ocasións e así mesmo na ponte da variante na marxe dereita en dirección a Viveiro faltan 3 farolas así como tamén outra antes da entrada na ponte. Por elo ROGAMOS a colocación das mesmas a maior brevidade posible.
3. No pleno de Novembro de 2014 presentábamos un rogo referente a necesidade da actualización e mellora da páxina web do Concello, e así memo a presenza nas redes sociais. Por parte da Sra. Alcaldesa indicábase que antes de final de ano estaría operativa unha nova. Como sexa que pasaron xa dous meses, e polo que incidimos de novo e ROGAMOS nos indiquen en que punto de atopa a confección da mesma e para cando está previsto que estea operativa na rede.
4. Segundo nos indicaron a pista da ruta dos muíños en Xunqueira está bastante desfeita. E polo que ROGAMOS nos indiquen se está previsto algunha actuación sobre dela.
5. En varias ocasións preguntamos sobre o arranxo da rúa Calvario en Celeiro, como sexa que nos seguen chegando queixas sobre o estado lamentable da mesma, ROGAMOS nos indiquen se a curto prazo está previsto algunha actuación sobre a mesma.
6. ROGAMOS nos indique a alcaldía si houbo resposta por parte de Consellería de Educación da reunión solicitada xa en varias ocasións para tratar os temas do Conservatorio e do PXOM, e así memo en que situación se atopa este último.
7. Igualmente estaba solicitada unha reunión conxunta con Portos de Galicia e Costas. ROGAMOS nos indiquen se houbo algunha contestación.
8. Varios usuarios do porto deportivo de Viveiro fixéromnos chegar as súas queixas sobre o escaso calado existente. Por elo ROGAMOS que por parte do Concello se lle solicite e esixa a Portos de Galicia e a consesionaria do porto a inmediata actuación para o dragado.
9. Na recente visita da Conselleira de Medio Ambiente o porto de Celeiro o pasado día 23 de Febreiro, por parte deste grupo municipal físxose entrega de documentación referente a rexeneración da ría de Viveiro e á actuación no Souto da Retorta, asuntos tratados en pelno en diversas ocasións, e sin resposta algunha ata o día de hoxe. Por elo ROGAMOS o equipo de Goberno que se solicite unha entrevista con dita conselleira, para abordar este temas.
10. Nas rúas, Avda de Villaba e Lodeiro o firme presente varios baches. ROGAMOS a actuación sobre os mesmos.
11. ROGAMOS o equipo de goberno a realización dunha campaña de concienciación os donos de animais, para non deixar escrementos nas rúas. Asi mesmo solicitamos máis control e aplicación da ordenanza municipal o respecto.
12. Así mesmo tamén ROGAMOS a realización dunha campaña e a aplicación da normativa vixente en canto a deixar enseres nas rúas, espazos públicos, etc. fora das datas de recoliida, e que dan un aspecto pouco decoroso as citadas zonas.
13. Como sexa que dende o pasado vrao lévase estudiando a nova ordenanza municipal do servicio de taxis no noso Concello, e polo que ROGAMOS a Sra. Alcaldesa nos indique en que punto se atopa a realización de dita ordenanza.


















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



