Un ano máis, e xa van dez, a ASOCIACIÓN CULTURAL SAIÑAS organiza en Xove a “Xª FESTA DO LACÓN”, importante acontecemento cultural-gastronómico que se vai desenvolver o vindeiro SÁBADO 7 DE MARZO A PARTIR DAS 8 DA TARDE NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE XOVE.
Este evento, o mesmo ca pasados anos, está aberto a todo o público en xeral, dahí que nos gustaría que ao mesmo acudira o maior número de persoas. Temos previstas sobor de 300 racións, que van ser elaboradas “in situ”, no Pavillón, dahí que vai ser unha boa e moi barata opción para cenar ese día, e degustar un menú tan típico noso, e tan típico das datas.
A RACIÓN vai costar 8 €uros, e a mesma vai incluir: SOPA, PATACA, CHOURIZO, LACÓN, PAN E BEBIDA. Os tickets para as racións hai que mercalos o mesmo día da Festa, na entrada do Pavillón. Tamén se poden adquirir previamente, en venda anticipada a 7 €uros/ticket, nos seguintes lugares de Xove: Click Informática, Peluquería Rosa e Estética Marta.
Co estómago ben cheo, unha vez rematada a LACONADA, e para alixeirar a dixestión, temos preparado para tódolos/as asistentes unha FESTA RACHADA con baile a tope coa DISCO MÓVIL PEGASO a partires das 23:00 horas. Antes desta festa rachada, teremos unha pequena actuación dos bailadores e cantareiras máis novos da Asociación.
Pola noite, durante a Festa Rachada, as persoas que colleron o tícket da ración van disfrutar tamén dunha chocolatada, que se vai repartir pola medianoite.
As persoas que veñan disfrutar con nós, van disfrutar durante os intermedios da Disco Móvil de SORTEOS DE DIVERSOS PRODUTOS.
Como organizadores deste evento, queremos tamén agradecer a colaboración de: Concello de Xove, Establecementos Rey, Restaurante Pulpería o Refugio, Cesáreo Eijo, Hormigones a Mariña, Banco Santander en Xove, Ferrxove S.L., e Mariñalim, Mariñasec.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



