Se botamos unha ollada histórica ao papel que a muller cumpriu no mundo da arte, a primeira visión coa que nos atopamos é a da muller como obxecto, como mero modelo expositivo sobre a cal perpetuar os roles de xénero dunha cultura patriarcal imperante.
A muller, no mundo da arte, durante moitos anos quedou relegada a ocupar sinuosos planos nos lenzos que penduran das paredes de museos de todo o mundo. Ao mesmo tempo que a muller artista quedaba silenciada. É ben coñecido que na historia da arte, moitas das mulleres artistas asinaban as súas obras baixo identidades masculinas para evitar que os seus traballos foran censurados ou invisiblilizados.
A arte, como linguaxe expresiva, manifesta o que existe na sociedade nos diversos momentos históricos e, así, visibiliza os roles de xénero e o papel da muller nos diversos ámbitos da sociedade: dende o seu papel na familia (como nai protectora) ata o seu papel na comunidade e sociedades. Polo tanto, a sociedade é un concepto que evoluciona histórica e socialmente e no que se fai necesario que a muller xogue un papel activo e visible.
Mirar a arte con perspectiva de xénero permite ter un visión global das diferenzas que para homes e mulleres supón a arte. Visibilizar a contribución das mulleres ao mundo das artes supón facer unha reinterpretación da historia, cuestionándose os discursos institucionais, incorporando novas propostas que dean como resultado a transformación da mirada sobre a o mundo e as mulleres.
Dende a Rede Museística de Lugo, levamos anos apostando por un modelo de traballo baseado en plans con obxectivos a medio e longo prazo, máis aló das celebracións puntuais de efemérides.
‘A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0’ enmárcase dentro da iniciativa levada a cabo pola Rede Museística Provincial de Lugo baixo o comisariado da xerencia da RMP, centrada na visibilidade das mulleres no eido creativo.
Nesta nova edición, o que se persegue é evidenciar o feito de que a construción dunha sociedade igualitaria pasa por dous eixes claves: dunha banda o recoñecemento e visibilidade da muller como axente activo na construción da sociedade actual e, doutra banda, a visibilidade da arte creadora sobre postulados de igualdade, dende a ollada compartida de homes e mulleres.
Por todo isto, nesta ocasión o programa Olladas de muller centra o seu foco de atención na obra dunha muller: A miña familia, de Xulia Minguillón, realizada en 1944, e que ofrece a visión da súa propia familia nun momento histórico moi concreto e diferente ao actual. A exposición Olladas “a miña familia” conta coa participación de 47 artistas, 47 miradas diferentes nas que se reflexiona sobre a figura e o tempo tendo como referente a familia e a muller.
A través das obras coñecemos os momentos históricos e o papel que xoga a muller na construción da sociedade. A familia é o elemento que aglutina as sociedades e a súa representación é unha oportunidade para coñecer os modelos sociais cos que as novas xeracións se identifican e socializan. Neste ámbito é onde se insire a convocatoria do concurso dirixido a escolares “A miña familia, antes e agora”, co obxectivo de fomentar a participación, os valores de convivencia e a expresión artística. Na sociedade actual, a construción da familia cambiou en consonancia cos cambios sociais e, hoxe en día, existen diversas formas e conceptos de familias, a diferenza dos modelos tradicionais de familias que representa a obra de Xulia Minguillón.
Esta edición trata, consecuentemente, de ampliar as olladas, non só dos participantes senón tamén no senso de que a exposición vai contar cun novo formato de multi-salas (sala de Xulia Minguillón e sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo e a sala de Exposicións da Deputación de Lugo) e, a partir do mes de abril, as obras viaxarán aos catro museos da Rede configurando unha topografía da provincia de Lugo.
Non é coincidencia que sexa na provincia de Lugo, en xeral, e na Rede Museística de Lugo, en concreto, onde estas iniciativas teñen cabida. Somos museos de comunidade, o que implica que o traballo levado a cabo está planificado e que se concreta baseándose en proxectos museísticos orquestrados en programas para/coa comunidade. Unha comunidade que se estende a artistas, asociacións, familias, escolares e público en xeral que atopa nos nosos museos un espazo para o encontro, a reflexión, a divulgación e o desenvolvemento integral das persoas. Ao longo do 2014, foron moitos os programas levados a cabo dende a Rede Museística no seu labor de visibilizar e reivindicar a muller na arte. A modo de exemplos cabe citar o proxecto Diálogo Intercultural: Lugo-Arxentina dentro do que se inseriu o programa “Mulleres de aqui e de acolá”; as exposicións colectivas Olladas de muller sobre a guía postal Lugo de Maruja Mallo e Historia da visibilidade creativa feminina na Rede e o Pazo san Marcos foi testemuña do acto inaugural do Festival Miradas de Mulleres 2014, en Galicia.
Nesta liña de formular obxectivos a medio e longo prazo, hai que salientar que, tras o éxito acadado o ano pasado, este ano celebramos o II Congreso de xénero, Museos e Arte, apostando e co convencemento no labor de compromiso social que a Rede Museística vén desenvolvendo no campo de xénero que nesta nova edición se engade, como piar necesario, a migración.
Por todo iso, ‘A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0’ preséntase como unha oportunidade máis de visibilizar o papel da muller ao longo dos vindeiros meses do 2015, con actividades didácticas complementarias e paralelas ao Plan xeral de igualdade da RMP, nas que se poña de manifesto a igualdade nos catro museos da rede en consonancia coas comunidades que os viven e os visitan: Muller rural en San Paio de Narla; Muller e mar no Museo do Mar; Muller, clases sociais e discapacidade no Pazo de Tor; Muller e arte no Museo Provincial de Lugo.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Á EXPOSICIÓN “OLLADAS” E AO “II CONGRESO DE XÉNERO, MUSEOS, ARTE E MIGRACIÓN”
En paralelo ao plan xeral de “A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR 5.0”, nos catro museos da Rede Museística levaranse a cabo diversas actividades didácticas sobre temas de igualdade en base a tres ideas principais: Xénero-Museos; Xénero-Arte; e Xénero-Migración. Propostas que se deseñan tendo en conta o perfil de cada museo: Muller rural en San Paio de Narla; Muller e mar no Museo Provincial do Mar; Muller, clases sociais e discapacidade no Museo Pazo de Tor; e Muller e arte no Museo Provincial de Lugo. Dirixidas ás comunidades coas que a Rede leva tempo traballando, a proposta didáctica concrétase nas seguintes actividades:
PARA ESCOLARES:
CONCURSO OLLADAS A MIÑA FAMILIA ANTES E AGORA
(ver Bases na web da Rede)
CONCURSO MELLOR RELATO SOBRE RUEIROS EN FEMININO
(ver Bases na web da Rede)
PARA TOD@S:
MULLER E ARTE: Parladoiros con ….
MULLER E RELIXIÓN: Parladoiros con ….
MULLER E MIGRACIÓN: Mulleres de aquí e dacolá. Os países de referencia serán desta volta Uruguai, Perú, República Dominicana, Alemaña, Marrocos e Colombia.
ÁLBUM DE RECORDOS DE MULLERES
Club Senior (nos 4 museos da Rede)
A través do relato e de fotografías, as persoas participantes poñerán en valor e recordaran o papel que xogaron as mulleres nas súas vidas, manifestando os diversos roles que a muller asume na sociedade actual e pasada: as mulleres como nais, fillas, netas, avoas. Un recordo que ben pode ser persoal, das propias mulleres, así como do recordo que os homes teñen das mulleres que rodearon as súas vidas. Mulleres en primeira persoa e mulleres recordadas pero, en esencia, recordos vivenciais: a infancia, o traballo, o amor, a migración, etc.
Para participar nesta actividade cada quen achegará un par fotografías que sexan o fío condutor dos nosos recordos. Con todas elas elaborarase un álbum de recordos que se irá completado en futuros encontros. Serán testemuña das voces das comunidades que rodean os nosos museos: a muller rural en San Paio de Narla; a muller e mar no Museo Provincial do Mar; a muller, clases sociais e discapacidade no Museo Pazo de Tor; e a muller e a arte no Museo Provincial de Lugo.
REDES DE MULLERES
Club Sénior (Museo Provincial do Mar)
A muller está ligada ao mar a través de minuciosas redes tecidas ao longo da historia. O traballo das mulleres redeiras está enraizado na sociedade galega, porén o mar está tradicionalmente vinculado aos homes. Con este obradoiro queremos poñer en valor e facer visible o traballo das mulleres do mar.
A actividade consistirá en crear unha pequena instalación en forma de rede a partir do relato de experiencias de mulleres do mar, para nun segundo momento nutrir a rede de pequenos obxectos e recordos que deixen ver o labor das mulleres do mar.
#EXPRESÁNDONOSPOLAIGUALDADE
Club Ei! (4 museos da Rede)
Na sociedade actual existen numerosas redes socias a través das cales homes e mulleres podemos expresar as nosas ideas e inquedanzas. Partindo da pregunta ¿que é para ti a igualdades? realizaremos unha instalación móbil na que cada participante terá que escribir nun tuit, 140 carácteres, explicando a súa idea sobre a igualdade. A instalación desenvolverase nos catro museos da rede e coa que os visitantes poderán interactuar con novos tuits, de maneira física ou virtual. Nun segundo momento, os participantes deberán percorrer as salas do museo e captar unha imaxe que exprese igualdade.
O hastad creado en twitter recollerá todos os tuits e fotografías, e perseguirá como meta manterse activo ata o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero no que se fará unha exposición coas fotografías seleccionadas que mellor representen a igualdade. Está elección farana os propios participantes do club Ei!
MENSAXES POLA IGUALDADE
Club Ei! (4 museos da Rede)
A expresión artística non entendeu nin atendeu a espazos, polo que historicamente os graffitis representan a expresión máis libre de pensamento. Neste obradoiro analizaranse os graffitis como expresión artística e movemento reivindicativo, para nun segundo momento facer unha instalación propia. A partir de breves mensaxes que as persoas participantes crearán sobre a igualdade, elaboraranse os modelos que logo trasladarán á instalación mural que estará exposta durante un mes no museo e que tamén se publicarán periodicamente nas redes socias co hastag #EXPRESÁNDONOSPOLAIGUALDADE.
O ANTEFACE DA IGUALDADE.
Club Pequeamig@s da Rede
De 4 a 7 anos (nos catro museos da Rede)
Imaxinas que existise un anteface que permitise ver unha sociedade onde impera a igualdade? Con este obxecto máxico queremos promover que as nenas e nenos identifiquen situación de desigualdade por cuestións de xénero e expresen condutas igualitarias entre homes e mulleres …
No obradoiro realizaremos un anteface da igualdade a través do cal observar o mundo con perspectiva de xénero.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



