Bruxelas, 05 Marzo 2015. Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) vén de rexistrar unha pregunta parlamentaria dirixa á Comisión Europea (CE) co obxectivo de denunciar a vulneración do dereito á información e o ataque ás linguas minorizadas que suporía a imposición do Canon AEDE no Estado español, máis coñecido como “Taxa Google”.
Dita pregunta foi elaborada logo de que representantes da Asociación Cultural Chuza! se puxeran en contacto con varias deputadas e deputados da Eurocámara a través dunha carta trasladándolles a súa preocupación, contacto que propiciou a oportunidade de que a eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, puidese manter a mediados do mes pasado unha xuntanza con representantes da asociación a fin de afondar nesta problemática.
Así, a través da pregunta parlamentaria que vén de rexistrar AGEe, Senra puxo en coñecemento da CE que a reforma da Lei de Propiedade Intelectual estatal a través da cal sería aplicada esta taxa “provocaría que servizos de agregadores de noticias sen ánimo de lucro, como Chuza.org na Galiza, corran o risco de desaparecer sometidos á taxación arbitraria dun organismo privado”.
Dende AGEe valoramos que a eliminación de servizos como o proporcionado por Chuza.org non só deterioraría a calidade informativa no Estado, senón que tamén suporía “un agravio comparativo con respecto a outros países europeos”, situación que, como especifica Senra, “contradiría as premisas recollidas no Artigo 11 da Carta de Dereitos Fundamentais da UE e o 10 do Convenio Europeo para a Protección dos DDHH e das Liberdades Fundamentais, que especifican o dereito a ‘recibir ou comunicar informacións ou ideas sen que poda haber inxerencia de autoridades públicas e sen consideración de fronteiras’ “.
Aliás, prosigue a eurodeputada galega, “no caso por exemplo dos agregadores en galego, o Estado non está a cumprir ca Carta Europea de Linguas Minoritarias (CELM)”, xa que a imposición deste canon sobre servizos informativos en linguas minorizadas implica que “está a obviar completamente a responsabilidade de velar para que non se impoña ningunha restrición á liberdade de expresión e circulación da información nestas linguas”.
Por último, Senra interpela directamente á Comisión solicitando saber se dito organismo comunitario considera “legal” que un Estado “restrinxa á cidadanía o dereito á información priorizando os intereses privados”, e en qué medida esta taxa constitúe “un elemento de entorpecemento para os obxectivos de promoción, salvagarda e/ou o estímulo recollidos na Carta Europea de Linguas Minoritarias”.



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



