A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o venres 13 de Marzo ás 20.30 horas na Libraría Bahia de Foz a presentación da novela “Cuarto Minguante” coa presenza do seu autor, Bautista Álvarez e o Presidente da entidade, Xoán Ramón Fernández Pacios.
O acto que se enmarca no labor da asociación focega por achegar e animar a literatura e a lectura en galego, pretende tamén favorecer o diálogo entre o autor e o público como xeito de conformar un epistemoloxía máis completa do feito narrativo escapando das marxes do propio texto escrito.
“Cuarto Minguante” é a primeira novela de Bautista Álvarez, autor dunha extensa obra no campo da ficción e da non ficción, parte da cal foi recollida recentemente en tres publicacións se ben a mesma data, nalgúns casos, de mediados dos cincuenta cando se estrea como escritor formando parte do grupo “Brais Pinto”, canda Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Fernández Ferreiro ou Raimundo Patiño.
“Cuarto Minguante”, unha obra que se enmarca na tradición narrativa que arranca de Castelao e continúa Anxel Fole, é unha viaxe ao mundo da última emigración galega á América e os inicios da emigración europea, pero tamén unha volta á Galiza da década dos 40, 50 e 60, unha Galiza que foi borrada como consecuencia da desaparición do mundo rural coñecido e coa que autor reflexiona desde o presente.
Bautista Álvarez, preséntanos xa pasados os 80 anos a súa primeira novela, unha novela que representa o seu retorno á literatura despois de moitos anos. O escritor de Loucía deixou aparcada a súa actividade literaria para centrarse na súa actividade política, como fundador das primeiras organizacións nacionalistas na clandestinidade,como opositor ao franquismo que lle valeu a cadea en repetidas ocasións desde os anos 60, como dirixente da UPG e do BNG e tamén como parlamentario nacionalista desde a primeira lexislatura.




















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



