Ribadeo, 11 de marzo de 2015. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo está creando unha bolsa de emprego. Desde que o pasado xoves, 5 de marzo, Acisa publica na súa páxina de facebook que socios do colectivo solicitan cociñeiros, axudantes de cociña, camareiros e recepcionistas para Semana Santa e para a tempada estival, foron preto de 3.400 persoas as que visitaron esta información.
Desde a directiva de Acisa explican que “o que nós faremos con esta bolsa de emprego é dar a coñecer a través de facebook as ofertas que nos cheguen desde os nosos socios de hostalería e a eles facilitarémoslles os currículos que teñamos no noso poder”. Preto de 100 xa se recibiron nas oficinas de Acisa. Os interesados poden enviar os seus currículos á seguinte dirección de correo electrónico: info@acisaribadeo.es ou levalos en persoa ás oficinas situadas na avenida de Galicia, 20-2ª planta.
Acisa indica: “o que pretendemos é ter unha bolsa de emprego e unha base de datos o máis actualizada posible, por iso é polo que sexa moi importante que nosos asociados fágannos chegar as súas ofertas e que os interesados nalgún dos postos de traballo que se demanden envíennos os seus currículos por correo electrónico canto antes”.





















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



