Cervo, 11 de marzo de 2015- O Concello de Cervo presentou este mércores o cartel e os detalles do desfile de moda que terá lugar no XII Encontro de Palilleiras que se celebra o 28 de marzo. Un acto no que estiveron presentes o alcalde, Alfonso Villares, a edil de Igualdade, Pilar Armada, a deseñadora Lucía Paredes, as palilleiras Mari Luz Méndez e Modesta Lombardero, que participan na organización do Encontro, e Tino Soto, que tamén colabora.
O pase de moda (16.30 horas) leva por título “O mar de azul cobalto” e todas as prendas terán o encaixe como principal protagonista. Pero ademais, nesta ocasión o desfile será especial xa que as autoras das prendas son dúas creadoras locais, veciñas de San Ciprián: Lucía Paredes, deseñadora profesional, e Mari Luz Méndez, artesá. Cabe destacar que en todos os casos vanse amosar deseños propios e con encaixe de elaboración artesanal galega.
Un desfile no que se lucirá roupa de pasarela, de rúa e de cerimonia, tanto xuvenil como de adulto. Algúns dos modelos estarán inspirados do mundo do mar, e o pase completarase con deseños amosados en edicións anteriores da exposición “Coas nosas mans” pero que nunca foron exhibidos en pasarela. Cabe destacar tamén que algunhas das modelos que vestirán os deseños son do concello e doutros puntos da Mariña.
A edil de Igualdade asegura que o desfile é un dos puntos fortes do Encontro, xa que nel “o encaixe cobra vida e pódese comprobar a súa versatilidade e as moitas aplicacións posibles”. Ademais, neste caso “o desfile é especial xa que podemos amosar encaixe e deseños que saen da creatividade e das mans de artistas locais”, engade Armada.





















Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



