Viveiro, 11 de marzo 2015. A Executiva Comarcal (Lugo-A Mariña) da CIG-INDUSTRIA decidiu apoiar a mobilización convocada para o 19 de marzo ás oito da tarde na Hospital da Costa de Burela porque compartimos a demanda de contar na comarca da Mariña cunha sanidade pública, universal e de calidade para as mais de 70.000 persoas que vivimos na comarca.
Vemos como se recorta persoal sanitario, como se derivan probas e pacientes a outros hospitais fora da comarca, como se perden prazas de persoal sanitario nos centros de saúde nos que aumentan as listas de espera, como a comarca perde autonomía de xestión para ser dirixida a 100 kms. de distancia por persoas que non entenden nin comparten as características propias da Mariña, que obrigan a seguir contando cun hospital coas características e servizos dun hospital xeral e non comarcal como pretenden desde a actual dirección provincial.
A CIG-INDUSTRIA comparte a demanda de derrogar o decreto de xestión integrada provincial e reclama a creación dunha área de xestión integrada propia para a Mariña, reclama un cambio nas políticas de recortes en materia sanitaria para evitar o colapso dos servizos en asistencia primaria e especializada e demanda que a administración deixe de alimentar con fondos públicos a sanidade privada en detrimento do sistema público.
Por último confirmamos o noso apoio ao conxunto da táboa reivindicativa que motiva a mobilización do día 19, anunciamos a nosa presenza nesta manifestación e animamos a todo o cadro de persoal da nosa empresa e ao conxunto da sociedade mariñá a apoiala porque na defensa da sanidade pública estamos todos e todas.






















Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.



