Cervo, 12 de marzo de 2015- O Concello de Cervo deu a coñecer este xoves a segunda edición da Universidade Aberta de Cervo “A Universidade que nos agarda” ao alumnado de 2º de Bacharelato do IES Marqués de Sargadelos. Unha iniciativa que este ano vaise desenvolver o 18 de abril e na que doutores e investigadores ofrecerán información de utilidade a todas as persoas que estean interesadas en coñecer o mundo universitario.
Nesta ocasión, o Concello decidiu presentar esta iniciativa a un dos colectivos aos que van dirixidas as xornadas, os estudantes do último curso de Bacharelato, aínda que tamén pode ser proveitoso para os de 1º de Bacharelato, os estudantes de ciclos ou mesmo os de ESO, sen esquecer que está aberto a toda a poboación en xeral. Un acto no que participaron o alcalde, Alfonso Villares, a coordinadora das xornadas por parte da Universidade da Coruña, María Cristina Pérez Crego e o director do instituto, Eduardo Gallo.
Unha charla na que explicaron os detalles da Universidade Aberta de Cervo, e transmitiron aos estudantes a importancia de dispoñer de información previa e fiable sobre o mundo universitario, tanto no caso de alumnos que teñan decidido optar por este ensino, como para aqueles que aínda estean tomando unha decisión. “O noso obxectivo é que eles teñan toda a información necesaria para despois elixir, no que será unha decisión moi importante nas súas vidas e que marcará o seu futuro profesional”, asegura a edil de Educación.
Programa
Este ano a programación inclúe 7 ponencias breves, de 45 minutos cada unha, e que tratarán sobre temas como o acceso á universidade, o Espazo Europeo de Educación Superior, metodoloxías de estudo, técnicas de estudo tanto no ensino presencial como a distancia, a estrutura da universidade, os servizos que ofrece e unha aproximación á UNED como alternativa a considerar.
Armada asegura que esta é “unha oportunidade de coñecer o sistema universitario a través dunha actividade na que doutores e investigadores que imparten docencia na universidade compartirán os seus coñecementos”, de forma que “é a universidade a que se achega ao noso concello e abre as súas portas a todas as persoas interesadas”.
Inscrición
Esta é unha actividade gratuíta e aberta a todo o público, pero é recomendable inscribirse para poder recibir certificado de asistencia. O prazo está aberto ata o 15 de abril e pódese facer na Casa do Mar, no teléfono 691 65 66 00 e no correo educacion@concellodecervo.com.
PROGRAMA
10:45 Inauguración das xornadas
11:00-11:45 Como afrontar o acceso á Universidade? Antecedentes e Consecuentes
Dna. Mª Cristina Pérez Crego
Licenciada en Psicopedagoxía
Persoal Investigador na Facultade de Ciencias da Educación da UDC
11:45-12:30 O Espazo Europeo de Educación Superior como marco xeral da Ensinanza na Universidade
Dr. Jesús Miguel Muñoz Cantero
Profesor Titular da área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación da UDC
Director do Departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación da UDC
12:30-13:00 Descanso para café
13:00-13:45 Metodoloxías de Estudo na Ensinanza Presencial na Universidade
Dra. Eva María Espiñeira Bellón
Profesora da área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación da UDC
Vicedecana de Calidade da Facultade de Ciencias da Educación da UDC
13:45-14:30 Técnicas de estudo na Ensinanza Presencial e non Presencial
Dra. Nuria Rebollo Quintela
Profesora da área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación da UDC
14:30-16:30 Descanso para xantar
16:30-17:15 A Estrutura Funcional da Universidade
Dna. Luisa Losada Puente
Persoal Investigador na Facultade de Ciencias da Educación da UDC
17:15-18:00 Os Servizos da Universidade
Dra. Neves Arza Arza
Profesora da área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación da UDC
18:00-18:45 Unha alternativa a considerar: A Ensinanza Universitaria Non Presencial
Dr. Manuel Fondevila Marón
Profesor na UNED de Pontevedra
18:45-19:00 Clausura das xornadas





















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



