LOURENZÁ .- A xunta de goberno da Deputación provincial aprobou a adxudicación, por 62.3341 euros, das obras adicionais á obra do POS 2006 de ensanchamento e mellora dun tramos da estrada provincial de San Xurxo a Arroxo, no Concello de Lourenzá.
Nota de Prensa
A Deputación instalará un sistema de control de presenza do persoal nas dependencias provinciais
Antonio Gato anunicou que “será un sitema dixital que rexistrará as entradas e saídas”
A Deputación implantará un sistema de control de presenza do persoal da Deputación. A Xunta de Goberno deste venres aprobou os pregos e o presuposto, que ascende á 50.000 euros, para a contratación deste servizo. O voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato, afirmou que “será un sistema dixital que permitirá rexistrar as entradas e saídas das depencias onde reliza o traballo”.
Para elo, instalaranse dispositivos lectores nos puntos de acceso ós locais. “Haberá tres no pazo de San Marcos, cadanseu nas seguintes dependencias: Recadación, Santo Domingo, Parque Móbil, Inludes (onde tamén están a Área de Infraestruturas e o Servizo de Expropiacións), e catro na Rede Museística (Museo Provincial, Pazo de Tor, Museo do Mar e San Paio de Narla), apuntou Gato Soengas. O voceiro do equipo de goberno sinalou que “se estima que este dispositivo entre en funcionamento a comezos do ano que vén”.
Outros acordos da Xunta
O Goberno provincial tamén aprobou a adxudicación, por 62.3341 euros, das obras adicionais á obra do POS 2006 de ensanchamento e mellora da estrada provincial de San Xurxo a Arroxo, no Concello de Lourenzá, entre os puntos quilométricos 0,000 e 2,000.
Ademais aprobáronse 11 contas xustificativas dos Plans de Comunidades Veciñais dos anos 2007 e 2008. As obras sumaron un total de 103.375 euros, dos que a Deputación achegou 57.651.





















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



