Foz, 24 de marzo de 2015.- O Ministerio de Fomento sacará a licitación nas vindeiras semanas a obra de rehabilitación do firme da Nacional 642 cun investimento de 1.209.481,93 euros para mellorar 9,2 quilómetros desta estrada. Explicouno este martes en Foz o Secretario Xeral de Infraestructuras da Administración do Estado, Manuel Niño González, acompañado polo xefe da Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia, Ángel González del Río, e polo responsable deste departamento en Lugo, Narciso González Florido, que se reuniron co alcalde, Javier Jorge Castiñeira, na Casa do Concello focense.
O rexedor municipal comentou que “dende o Concello de Foz agradecemos a súa presenza para abordar temas tan complexos como son o estado da Nacional 642 ao paso polo noso concello. Despois desta reunión congratulámonos de que efectivamente están sobre este asunto, pois está feito o proxecto de execución para a reparación do firme, que abarcará 9,2 quilómetros, divididos en tres tramos: dende o punto quilométrico 28,800, que está no núcleo de Mañente, ata o 36,500, en Fazouro; un segundo tramo próximo á variante de Burela; e outro tramo dende Burela ata Daián, xa no concello de Cervo. O groso destas obras vaise realizar no municipio de Foz. Estamos a falar dun investimento de 1.209.481,93 euros e o compromiso é que unha vez aprobada a obra, que xa o está, saia a licitación en próximas semanas no Boletín Oficial do Estado. E a partir de aí tratarase de contratar canto antes as obras”.
Javier Castiñeira tamén explicou que na reunión cos responsables de Carreteras do Ministerio de Fomento “abordamos outro tema importante, que sería a solución definitiva para todos estes problemas coa Nacional 642, que é o tramo de autovía A-82 dende Barreiros ata San Cibrao, que é estatal e actualmente está resolto o trámite ambiental e tamén o período informativo, polo que soamente queda a realización do proxecto definitivo. Para isto hai un compromiso orzamentario neste ano e así nolo confirmou o secretario general de Infraestructuras, xa que nos presupostos xerais do Estado para 2015 hai unha partida para licitar o contrato e que se redacte o antes posible. E nas próximas anualidades xa haberá partidas orzamentarias para a construción dese tramo, sobre todo no que se refire ao municipio de Foz”.
O alcalde focense rematou comentado que “o Ministerio ten boa vontade para reactivar isto en bo xeito e esperamos que, sobre todo o tramo máis urxente da Nacional 642, que é o de Mañente a Fazouro, estea rehabilitado antes do verán”.


















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



