Ribadeo, 25 de marzo de 2015.- A ampliación da estrada paralela á vía do tren, a mellora do alumeado na baixada á Casa das Algas ou os requerimentos enviados aos propietarios dos inmobles da antiga estación do tren mineiro, situados na parte de atrás da rúa Lazurtegui, foron algúns dos asuntos abordados no capítulo de rogos e preguntas no penúltimo pleno que onte celebrou a Corporación Municipal de Ribadeo.
O rexedor contou que “xa encarando a recta final deste mandato celebramos este penúltimo pleno ordinario, no que realmente non había asuntos de grande transcendencia. Era un pleno practicamente de trámite. Os dous puntos máis interesantes que houbo foron, por unha banda, un recoñecemento extraxudicial de crédito relativo a aqueles provedores que cando acaba o ano natural non presentan as facturas senón que o fan no ano seguinte; é algo sobre o que os advertimos que non deben facer así ou se o fan a data da factura debe ser xa do novo ano natural, pero hai algúns, sobre todo compañías eléctricas, etcétera, que non se adaptan a estas necesidades de contabilidade e polo tanto trastórnannos a nosoutros porque logo temos que facer uns recoñecementos extraxudiciais de crédito. En todo caso eran cifras de facturas que non excedían dos 30.000 euros”.
Suárez Barcia indicou que “por outra banda, quixemos iniciar o trámite de modificación puntual, moi pequeniña, da ordenanza que regula o mercado semanal dos mércores no sentido de intentar clarificar a problemática que existía desde hai tempo co sistema de aparcamento para os vehículos dos vendedores ambulantes deste mercado semanal. Polo tanto buscamos unha solución para que tivera un encaixe legal, dialogada e pactada cos propios ambulantes e coa Policía Local, e incorporamos unha redacción parecida a dun concello dunha cidade próxima. Este acordo, que foi tamén unánime, vai estar a exposición pública durante un mes”.
No capítulos de rogos e preguntas o alcalde explicou que “os diferentes grupos da Corporación intentan propoñen medidas para mellora o noso concello, propostas que desde o goberno na meirande parte dos casos estamos traballando nelas ou lles indicamos que seguiremos traballando para lograr a consecución efectiva, como no que ten que ver coa ampliación da estrada paralela á vía do tren, que estamos traballando para poder logralo, aínda que non se vai poder facer agora nestes dous meses que quedan antes do remate do mandato, pero sí no transcurso do ano 2015 entendemos que ao novo goberno que estea quedaralle isto encarreirado para que poidan facer. Así como acordar con Costas a mellora do alumeado na baixada para a Casa das Algas, na Vilavella”.
E engadiu: “ou un asunto ao que dediquei un tempo de explicación, que é o referido á situación de abandono da parte de atrás da rúa Lazurtegui, detrás do colexio das monxas, na antiga estación do tren mineiro, xa que desde hai poucos días, unha vez que o plan xeral de ordenación municipal está definitivamente aprobado, eses inmobles que están nunha situación ruinosa adquiriron unha protección que ata o momento non tiñan, polo que dende hai xa unhas semanas temos iniciados expedientes e temos requirido aos seus propietarios, que son máis de 20 e meirande parte deles non residen en Ribadeo, con procedementos como os que estamos facendo no casco vello para os que teñen propiedades en estado de ruína ou de abandono débenas rehabilitar se non se queren enfrontar a unha política máis coercitiva por parte da administración municipal. Estamos nesa idea”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



