Vegadeo, 25 de marzo de 2015.- A 18ª edición da Feira de Stocks de Vegadeo, que se celebrará do 3 ao 5 do próximo mes de abril, en plena Semana Santa, bate o seu récord de expositores ao alcanzar os 70 postos. Anunciouno este mércores a alcaldesa, Begoña Calleja, que estivo acompañada na presentación do evento pola responsable do recinto feiral, Dora Álvarez, e pola presidenta da Asociación de Comerciantes de Vegadeo (Ascove), Isabel Menéndez.
“Unha nova edición da Feira de Stocks de Vegadeo, en abril, a que corresponde á Semana Santa. E xa van 18 con esta, que sen dúbida é a máis espectacular porque superamos os 70 expositores. Serán asturianos, galegos, de Toledo, de Madrid, de Biscaia, de Cantabria…; de varias provincias de España. A entrada é gratuíta e contamos cun amplo aparcadoiro, como saben todos os que nos visitan en cada edición. O horario é de 11 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas. Dentro dos 70 expositores os sectores principalmente representados son os de téxtil, calzado para todas as idades, mobles, informática, complementos, fogar, libraría, pesca e ferraxaría, mesmo con venda particular”, explicou a rexedora municipal.
Begoña Calleja engadiu que “a novidade máis destacada desta edición non é só que enchemos todo o recinto feiral senón que o 40 por cento dos expositores veñen por primeira vez. Iso sen dúbida é pola razón fundamental de que Vegadeo, na súa capitalidade comarcal, se converteu nun dos puntos de referencia da Semana Santa, acompañado da gastronomía, do ocio, das actividades para os máis pequenos e mesmo das actividades deportivas e, como non, dunha Semana Santa tradicionalmente relixiosa. Temos tamén o comercio aberto e por todo iso esta feira de stocks en Vegadeo en abril, do 3 ao 5, non lla perdan, porque sen dúbida é o lugar da bisbarra para visitar esta Semana Santa”.






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



