26 de marzo de 2015.- O voceiro de pesca do GPP no Congreso dos Deputados, Joaquín García Díez, manifesta a súa satisfacción pola aprobación definitiva este xoves, no Pleno do Congreso, do proxecto de Lei Orgánica polo que se modifica a Lei do Código Penal e se considera por fin o furtivismo no marisqueo como un delito.
García Díez asegura que con esta aprobación “se pon fin a un longo camiño enchido de diferentes iniciativas parlamentarias e políticas coa finalidade de dar resposta axeitada un grave problema relacionado coa práctica do furtivismo no marisqueo”. Segundo explicou, cúmprese así cun compromiso asumido atendendo as demandas do sector pesqueiro e marisqueiro, e de xeito especial cúmprese cunha reiterada petición e un traballo rigoroso formulado pola conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana.
García Díez recorda que xa en novembro de 2012, el mesmo como voceiro de Pesca do GPP, tivo a ocasión de defender unha PNL formulada para perseguir aos que esquilman o mar e protexer aos que se gañan a vida honradamente coa práctica do marisqueo. Os populares defenderon sempre que había que penar os que, aproveitando a vulnerabilidade das sancións administrativas, tiraban proveito económico devastando os recursos marisqueiros. O GPP sempre mantivo que estas actuacións irregulares lastraban a propia capacidade de xestión e ordenación dos recursos e supoñía, en moitas ocasións, un problema adicional relacionado coa falta de control sanitario.
Para García Díez a solución a este problema, tal e como xa se propoñía naquela PNL, pasaba por tipificar como delito a práctica do furtivismo dentro do Código Penal, e xa entón instábase ao Goberno a impulsar as modificacións lexislativas que considerara necesarias co obxecto de aumentar o reproche penal do furtivismo reincidente no marisqueo.
Por iso, coa aprobación no Pleno do día de hoxe no Congreso dos Deputados do proxecto de Lei Orgánica polo que se modifica a Lei do Código Penal, dáse satisfacción a esa vella reivindicación do GPP e cúmprese coa petición do sector marisqueiro e do Goberno galego, que defende os intereses da Comunidade Autónoma de Galicia, a máis afectada pola práctica desta actividade, con máis de 1.200 Km de costa.
García Diez recorda a importancia do marisqueo en Galicia, cunha ocupación de aproximadamente 5.000 persoas entre mariscadores a flote e a pé, das que 4.000 son mulleres, e cunha produción rolda as 10.000 toneladas ao ano cun valor aproximado de 75 millóns de euros. “A falta de escrúpulos e de respecto á Lei que practica un 1% pon en risco o medio de vida do 99% de mariscadoras e mariscadores”, afirma o deputado popular lucense.
O voceiro de Pesca do GPP subliñou que ao longo de todo este proceso que hoxe culminou, “non” faltaron “os que negaron o seu apoio e criticado duramente esta iniciativa”, e citou explicitamente os deputados socialistas, dos cales dixo que “lonxe de achegar solucións, se limitaron a criticar ao GPP por modificar o Código Penal, sen recoñecer que as múltiples medidas postas en práctica ata a data resultaron claramente insuficientes, e votando en contra desta modificación”.
Coa aprobación desta modificación no Código Penal, mediante a reforma do seu artigo 335, considérase o furtivismo no marisqueo como falta, chegando a considerala delito cando poña en risco a sostibilidade dos recursos, con penas de entre seis meses e dous anos de prisión en función da gravidade do feito.
Para García Díez, “este final non tería sido posible sen a determinación da
conselleira Rosa Quintana, a sensibilidade do ministro de Xustiza para abordar este asunto, e a participación dos senadores galegos do Grupo Parlamentario Popular, que finalmente materializaron a presentación da emenda hoxe aprobada”.
“Hoxe é un día no que todos os que traballamos para conseguir este cambio lexislativo podemos sentirnos satisfeitos e compartilo con cantos de xeito honrado se gañan a vida no duro traballo do marisqueo”, sentenciou.
















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



