Bruxelas, 26 de marzo de 2015.- Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) participará este venres 27 de marzal na concentración convocada pola Asociación Long Hope diante do Consulado noruegués na Coruña (R/ Federico Tapia 33/35) ás 12.00hrs.
Denuncias realizadas por AGE no Parlamento Europeo
– Paralelamente ás accións realizadas por AGE dende o Parlamento Galego, Alternativa Galega de Esquerda en Europa rexistrou xa no pasado mes de xullo unha pregunta parlamentaria en relación aos dereitos dos mariñeiros do Estado español a quen o Goberno de Noruega está a privar de recibir as súas cotizacións, corroborando ca resposta da Comisión que o Goberno noruegués”debería respectar as disposicións transitorias que figuran no novo Regulamento simplificado (CE) nº 883/2004″, que indica que “toda prestación que non tivera sido liquidada ou que fora suspendida a causa da nacionalidade ou da residencia da persoa interesada será, a petición desta, liquidada ou restablecida.”
– Aliás, a eurodeputada de AGEe promoveu tamén no mes de decembro unha carta asinada por 33 eurodeputadas/os en apoio aos mariñeiros, remitíndolla directamente á primeira ministra norueguesa Erna Solberg a principios de xaneiro, instándoa a cumprir co Regulamento (CE) nº 883/2004.
– No mes de febreiro Lídia Senra fixo chegar á Alta Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, Federica Mogherini, unha solicitude formal para a realización dunha xuntanza con representantes dos mariñeiros afectados pola negativa do Goberno de Noruega a reembolsarlles as cotizacións derivadas do seu traballo durante décadas na mariña mercante norueguesa.
– A principios deste mes de marzal, a Comisaria europea de Emprego, Asuntos Sociais, Capacidade e Mobilidade Laboral, Marianne Thyssen, ratificou a AGEe -a través da resposta a unha carta dirixida á Comisaria en xaneiro- a pertinencia de facer valer o Art.n°16 do Regulamento (CE) n°883/2004, -que “confire ás autoridades competentes dos Estados membro a posibilidade de celebración de acordos bilaterais en interese de determinadas persoas ou categorías de persoas”-[4], tal e como llo trasladara propia Lídia Senra á primeira ministra norueguesa Erna Solberg en decembro e á Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, Federica Mogherini, en febreiro.
A eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, logo de que as distintas respostas proporcionadas pola Comisión Europea teñan confirmado claramente a posibilidade de chegar á resolución desta situación a través dun acordo entre Gobernos, e dado que 10.000 das 12.000 persoas afectadas son galegas, reivindicou que o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, “debe empregar inmediatamente tódolos recursos dos que dispón para forzar ao Goberno español a asumir as súas responsabilidades e dar os pasos precisos para abrir unha vía de diálogo resolutivo co Goberno noruegués”.
















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



