O Valadouro, 26 de marzo de 2015.- Queremos presentarvos o programa do Mercado de Primavera 2015. Como observaredes intentamos cubrir o día con actividades para todas as idades e gustos, pero sobretodo intentamos rememorar o antigo 25 de marzo, partindo coa imaxe que recolle o cartel, que é una antiga postal adquirida nunha subasta dun anticuario, ata recuperar as Cantigas de Cego que traía ó mercado Antón Lexide, o “Cego de Viloalle” e que, grazas a colaboración desinteresada de MIRO CASABELLA, volverán a encher a praza dos sucesos máis espeluznantes da comarca. Ata tal punto esta é una edición volcada na historia que, coa axuda do párroco de O Valadouro, D. Fernando Monterroso, este ano todos os asistentes poderán disfrutar da imaxe orixinal en pedra da Virxe de Ferreira, ó redor de cuia capela xurdiu tanto o Mercado como a Vila e que, entre as milagres que realizou cóntase que está protexer esta cerebarción que se facía en honor a ela e que perdura ata os nosos días.
Ademáis durante a mañá disfrutaremos da actuación de AMADO LAR que, un ano máis de maneira altruista, colaboran animando o desenrolo da velada.
Hacía o mediodía invitamos a todos os portadores de zocas a que participen no Desfile que se realizará na Pza de Sta María e para o cal poderán inscribirse dende primeira hora no punto de información. Este ano premiarase “A Mellor Zoca” non só de adultos senon tamén de neno e nena, por eso que é imprescindible a colaboración de todos e ó bon ánimo que xa se demostrou na edición anterior. Ademaís poderemos disfrutar, grazas ó traballo de Pepa Losada cedido por A Voz de Galicia, de una Exposición de Fotografía con “As Zocas no Valadouro”.
Pola tarde disfrutaremos de actividades orientadas ós nenos como os Monicreques ou os Xoguetes Tradicionais, e outras para os non tan nenos como as Demostracións de Artesáns, a actuación de Rodesindo da Barrosa “O Afiador” e, as imprescindibles, Olimpiadas Rurais nas que, todos os ataviados de época, poderán demostrar as súas habilidades en distintos xogos moi camperos como : carreiras en zancos ou tiro de paca.
A parte, ó longo de todo o día podremos disfrutar da Exposición “COAS NOSAS MÁNS” con traxes rexionais, cestería, olería e pratería, cedida polo CENTRAD, dunha granxa rústica con paseo en burros e ponis para nenos, de Cantos de Taberna e da Ruta de Tapas gratuitas, na que os locales hosteleiros de Ferreira esmeraranse un ano máis en facer delicias culinarias para deleitar a vecinos e foráneos.
Para acabar, remataremos cun Concerto de CARAPAUS na Pza de Sta María que porá o punto final oficial a una xornada de esperamos sexa de algarabía para todo o que se acerque a O Valadouro para compartila con nós.
Esperámosvos. Non esquenzades apuntar o 28 de Marzo como de visita obrigada ó MERCADO DA PRIMAVERA DE O VALADOURO.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



