Lugo, 27 de marzo de 2015.- A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, asegurou este venres que o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, “volveu a mentir aos galegos e aos lucenses” sobre a prestación dos servizos de Hemodinámica e “quere condenarnos a morrer aos veciños desta provincia”. Méndez subliñou que, ao contrario do que afirmou Feijóo, “Pontevedra si ten este servizo no hospital de Vigo, que é, ademais, a mellor unidade de Hemodinámica 24 horas de Galicia”. É dicir, os veciños da cidade de Pontevedra teñen esta prestación en Vigo, a 20 minutos, mentres que os de Lugo teñen que acudir á Coruña. “Sabe Feijóo canto tempo lle leva chegar a un veciño de Mondoñedo ou Sober? Hora e media”, argumentou a Vicepresidenta.
Feijóo “tamén mentiu” sobre Hemodinámica en Ourense ao asegurar que este servizo é de recente creación, engadiu, pois esta provincia dispón desta prestación dende hai máis de 7 anos “grazas a un Conselleira socialista, María José Rubio”. “Atópase nunha encrucillada e non sabe como saír”, afirmou a Vicepresidenta, “non quere darlle solución a este problema, nin quere que lla deamos outros”.
Méndez cualificou de “cruel” a actitude de Feijóo ao “referirse a este servizo en termos estatísticos, cuantificando as vidas humanas”, e garantiu que “seguiremos loitando para que os lucenses teñamos Hemodinámica as 24 horas. Só salvando unha vida creo que vale a pena poñer en marcha este servizo”.
A Sociedade de Cardioloxía, insiste
Lara Méndez puxo de relevo que, o mesmo día no que Presidente da Xunta fixo estas declaracións, a Sociedade Española de Cardioloxía, reunida onte en Vigo, “volvía a insistir no mesmo que o doutor Juanatey: que atender un infarto nas dúas primeiras horas é vital para o paciente. Parece mentira que Feijóo, que foi Presidente do INSALUD, non saiba isto”.
A Vicepresidenta recalcou que Lugo ten servizo de Hemodinámica “en horario de oficina porque os veciños saímos á rúa para poñer a Feijóo no seu sitio, senón hoxe seguiríamos sen contar con este mínimo servizo”. Polo tanto, “insistimos en que ten que pedir perdón aos lucenses e darnos os servizos sanitarios vitais. Que non espere que calemos cando nos condena a morrer. Non é cuestión electoralista, é unha cuestión de vida ou morte”.
Sen resposta
Pola súa banda, o Alcalde lucense, José López Orozco, que acompañou hoxe á Vicepresidenta na presentación dun novo proxecto de acondicionamento das áreas verdes do río Rato, subliñou que, “se Feijóo considera electoralista o ofrecemento da Deputación” de financiar a posta en marcha de Hemodinámica as 24 horas no HULA, “tivo tempo de contestar antes o escrito que eu lle mandei” para abordar a posta en marcha dos servizos sanitarios pendentes, “que non contestou; non sei se o enviaría ao cesto dos papeis, pero non contestou. Polo tanto, tivo tempo moito máis antes que a proposta da Deputación para contestar dun xeito afirmativo, que é o que tiña que facer”.



















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



