Lourenzá, 27 de marzo de 2015.- A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asinou o convenio para o Roteiro Literario Francisco Fernández del Riego, que será inaugurado o vindeiro luns, día 30. Na xuntanza tamén falaron da necesidade de rehabilitar o mosteiro de San Salvador e de melloras para o colexio Juan Rey.
“Mantiven unha reunión co conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, onde o eixo principal foi asinar o convenio de colaboración para a realización do Roteiro Literario Francisco Fernández del Riego, algo que finalmente se concretou agora coa firma deste convenio. Os traballos para materializar xa esta ruta están moi avanzados e inaugurarase como tal o vindeiro luns ás cinco da tarde por parte do secretario xeral de Cultura”, explicou a rexedora municipal.
Emma Álvarez engadiu que “non soamente falamos dese tema, senón que eu tamén lle trasladei a forte preocupación que teño polo mosteiro de San Salvador, este ben de interese cultural (BIC) que é unha xoia que temos no noso concello e que xa en outubro de 2012 vimos como caeu unha parte do teito e este inverno caeu outra parte do mesmo. Polo tanto eu, e creo que podo dicir que todos os veciños de Lourenzá, temos medo polo futuro deste inmoble. En días pasados tamén falaba deste asunto con responsables do Ministerio de Fomento sobre a preocupación e a necesidade imperiosa de facer algo neste inmoble. E esta xuntanza co conselleiro de Cultura foi unha primeira toma de contacto coa Xunta de Galicia para buscar unha solución así como para falar de distintos destinos que se lle poidan dar a este inmoble. Este é un ben da Igrexa e para calquera actuación que se vaia facer sobre el debemos contar co seu visto bo. Esta foi a primeira reunión e quedamos emprazados a unha segunda, con máis axentes, para poder dar unha solución tan preocupante para os veciños de Lourenzá. Nesta reunión tamén estiveron Jesús Oitavén, que é o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Educación, e Mari Carmen Martínez Insua, que é a directora xeral de Patrimonio. Loxicamente a solución para o mosteiro de San Salvador é un tema complexo para o cal foi necesaria e moi construtiva a súa opinión”.
A alcaldesa rematou comentando que na xuntanza co conselleiro de Cultura e Educación “tamén abordamos distintos temas de interese para o Ceip Juan Rey e conseguín o compromiso de construción dunha pérgola como continuación á xa existente para unir o edificio central do Ceip, onde se imparten as clases, co galpón ximnasio e polideportivo municipal, onde os nenos participan non soamente de horas de lecer senón tamén de clases de educación física ou doutras actividades que se fan en horario escolar. Desta maneira os nenos evitarán mollarse cando vaian facer estas actividades así como cando saian aos recreos, para o que teñen un patio cuberto. Desta maneira resolvemos unha demanda que durante anos foi solicitada por distintas directivas da Anpa deste Ceip e tamén polo cadro directivo deste colexio público Juan Rey”.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



