O obradoiro de cestería organizado polo Concello de Lourenzá, a través da Delegación Municipal de Educación, e patrocinado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo rematou este mércores 1 de abril. Nesta actividade, que foi impartida pola monitora María Otero, participaron oito nenos e nenas. Despois de 3 mañás de traballo, cada un dos participantes levou para a súa casa o cesto que elaborou. Son de diferentes modelos e acabados, xa que cada un fixo o cesto ó seu gusto, na forma, na combinación de diferentes tipos de asas e cores nos trenzados das decoracións.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



