• O 4 de novembro de 2013, a Deputación de Lugo aproba as bases do programa temporal de fomento do emprego e posta en valor do territorio. O Grupo Provincial do Partido Popular opúxose a ditas bases argumentando que os criterios de selección eran claramente partidistas. De feito, dos 12 concellos finalmente beneficiados, 11 estaban gobernados polo PSOE e máis polo BNG, e tan só un polo PP.
• O pasado 9 de abril o Xulgado número 2 de Lugo afirma que a fixación dos criterios de selección é unha decisión política que non lle corresponde tomar a dito xulgado (f.j. 4.b), e que si 11 dos 12 concellos beneficiados están a seren gobernados polo PSOE e máis polo BNG é porque esta situación cadrou así.
• O Grupo Provincial do Popular entende que non é aceptable que dende as institucións se laven as máns, xa que a Deputación non está ao servizo dos partidos políticos, senón da totalidade dos concellos da provincia e de todos os cidadáns. Por iso, o GPP anuncia que recorrerá a decisión ante o Tribunal Superior de Xustiza, co obxecto de erradicar dunha vez por todas comportamentos anticonstitucionais.
• O Grupo Provincial do Partido Popular insiste en que defende todo tipo de iniciativa dirixida a crear emprego pero considera que todos as persoas que buscan un posto de traballo deben contar coas mesmas oportunidades, sen producirse desigualdades entre municipios e, menos, en base a interesés partidistas. Están en contra de que se faga política co diñeiro dirixido a xerar emprego.
• Por último, o GPP lembra que a sentenza 462/2014 do TSXG, que confirma a sentenza 75/2014 do Contencioso número 2 de Lugo, resolveu que a Deputación de Lugo no Plan Emprega promovido no ano 2011 manipulou os criterios de selección ao aumentar, unha vez publicadas as bases, o peso da entrevista persoal sobre a proba de coñecemento para favorecer aos afíns. Polo tanto, dúas sentenzas previas confirman a utilización partidistas dos fondos que a Deputación dirixe a emprego.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



