Burela, 10 de abril de 2015. O alcalde, José Mª González Barcia, reuniuse este venres coa comisión de festas de Burela e cos grupos encargados de elaborar as alfombra floral. Nas vindeiras semanas seguirán os contactos e o traballo preparatorio.
O rexedor explicou que “desta foi unha primeira toma de contacto con persoas que van formar parte da comisión de festas e serán elas as que decidan se incorporan máis xente á comisión ou non. Neste sentido desde a Alcaldía temos que agradecerlles a disposición e o compromiso que adoptaron para facerse cargo da comisión de festas”.
González Barcia dixo que “nas dúas reunións que tivemos con colectivos do concello, algúns, como o das palilleiras, mostráronse dispostos a colaborar, non dentro da comisión de festas directamente, pero si a axudar de forma activa desde fóra para que as festas de Burela poidan celebrarse”.
E insistiu: “como alcalde teño que reiterar o agradecemento a esas persoas e ás asociacións que van colaborar e ademais teño que dicir que o Concello comportarase como fixo ao longo dos anos; é dicir, poñendo os seus recursos materiais e humanos a disposición da comisión de festas para todo o que sexa preciso e cun obxectivo común: que as festas de Burela sexan máis que dignas, que dean realce ao noso pobo e que fundamentalmente salgan ben. Xa para a próxima semana vanse seguir mantendo reunións coa comisión de festas. O Concello vai participar, sempre e cando nolo demanden”.
Tras este encontro o alcalde tamén participou no que celebraron os membros da comisión de festas de Burela cos grupos que realizan os distintos tramos da alfombra floral do sábado das festas. “Esta xuntanza é o punto de partida para a elaboración das alfombras. Nosoutros brindamos a mesma colaboración que nos anos anteriores. Non houbo ningún problema nos últimos anos e o Concello vólvese a comprometer ao mesmo de sempre, con todos os seus medios: a traer o verde, o sal, as tinguiduras, etcétera”, engadiu José Mª González Barcia.
O alcalde burelés subliñou que “a alfombra floral é un acontecemento importante dentro das festas de Burela polo que significa de realce dos festexos e tamén pola participación de xente non soamente o propio día da elaboración da alfombra senón previamente, nas semanas anteriores, para a preparación de todos os elementos que son precisos para facela”.
Amigos da banda
Esta tarde reunións comezaba coa que mantivo o rexedor coa nova directiva da asociación de amigos e amigas da Banda de Burela. González Barcia indicou que “se trata dunha primeira toma de contacto. É unha entrevista pedida por eles e nosoutros accedemos encantados. Esta nova directiva formouse recentemente e con eles abordaremos aquelas cuestións que sexan de interese tanto como o Concello como para a asociación de amigos e amigas da banda”.
“Nestes últimos tres anos e medio mantivemos contactos sucesivos coa anterior directiva, había puntos de acordo e outros de desencontro, pero eu creo que o que nos move a todos é que a banda continúe a súa actividade, aínda que pode haber discrepancias en como se faga ou de quen dependa. Nese sentido eu estou plenamente convencido de que se todos poñemos boa vontade isto pode canalizarse debidamente”, manifestou o alcalde de Burela.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



