Cervo, 17 de abril de 2015.- Cervo foi hoxe a segunda parada da dirección dos populares lucenses para revelar a candidatura que concorre aos comicios electorais do vindeiro mes de maio.
Ás 20.30 horas, no ecomuseo, e ante unha ampla representación de veciños, simpatizantes e demais políticos da comarca de A Mariña, José Manuel Barreiro presentou o equipo que encabeza Alfonso Villares e que ten como número dous xustamente ao seu número dous na dirección provincial, José Manuel Balseiro.
Barreiro puxo en valor a candidatura popular e definiuna como un magnífico equipo de persoas que contan cunha experiencia e capacidade moi destacable. O popular animounos a seguir traballando como ata agora para seguir obtendo esas maiorías absolutas comicio tras comicio.
Pola súa banda o cabeza de lista agradeceu ao seu equipo a súa dispoñibilidade e o traballo levado a cabo na agrupación local e indicou que continuarán traballando coa mesma ilusión, forza e ganas.
Con respecto á candidatura, as principais novidades atópanse nos seis primeiros postos, onde se produce a incorporación de dúas mulleres no posto 3 e 5. Con respecto ao posto 4, ocúpao José Ramón Soto, quen xa estivo de edil nesta lexislatura e a volta de Plácido Otero, quen non figurou na candidatura pasada pero sí en anteriores.
CANDIDATURA PP DE CERVO
Alfonso Villares Bermúdez
José Manuel Balseiro Orol
Manuela Méndez Álvarez
José Ramón Soto Martínez
María Dolores García Caramés
Plácido Pérez Otero
María Concepción Pilar Armada Carrete
Alfredo Antonio Fernández Casas
Luis Antonio Guillén Menéndez
María Consolación Gallego Prieto
Lucía Pinin López
SUPLENTES
Rubén Fernández Rouco
Marcos González Villares
Yolanda Pedreira Cruz
Inés Cobas Balseiro
Eduardo Rodríguez Dean



















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



