Lugo, 23 de abril de 2015.- O responsable da Área de Cultura e Turismo, o nacionalista Mario Outeiro, participou no serán deste xoves no refectorio do Museo Provincial de Lugo na inauguración da mostra “Un museo agradecido”, unha exposición que pretende servir de homenaxe ás persoas e entidades que fixeron posible a posta en marcha e desenvolvemento da galería da cidade amurallada. Estivo acompañado no acto por Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial, e Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial.
Mario Outeiro explicou que “o Museo de Lugo está en débeda cos seus benfeitores, que foron agrandando os fondos do Museo desde a súa creación no 1932, unha estreita colaboración que segue vixente, xa que aínda este pasado luns recibíamos unha importante colección de 150 pezas de arte africana doada por Xoán Anllo. Por iso cremos que é máis que xusto poñer en marcha unha iniciativa que sirva de agradecemento para estas persoas”, sinalou.
O responsable de Cultura do organismo provincial afirmou que “o ingreso de novas coleccións para a súa conservación, difusión e exhibición constitúe unha das funcións máis salientables dos museos polo que o Museo Provincial mantén como obxectivo permanente o incremento dos fondos museográficos dos que dispón”, apuntou.
Breve historia do Museo Provincial de Lugo
O Museo Provincial de Lugo nace como froito das inquietudes culturais dun grupo de lucenses preocupados pola conservación e difusión do patrimonio histórico-artístico da cidade amurallada e a súa provincia. O impulso inicial dese grupo fundador unido ao apoio decidido, dende instancias políticas da Deputación Provincial, de persoas de distintas ideoloxías e sensibilidades, deu lugar a un proxecto que se caracterizou, dende o momento inicial ata o día de hoxe, pola implicación dinámica e activa da sociedade lucense e galega na súa consolidación e avance.
O ano da fundación, 1932, en plena Segunda República, é significativo pola etapa histórica na que se produce, un momento de ilusión e renovación das anquilosadas estruturas políticas e culturais da sociedade galega. Nese contexto, non é casual a implicación no xermolo inicial do proxecto dos sectores culturais máis activos e conscientes, de distintos perfís ideolóxicos, pero nomeadamente de filiación republicana e galeguista. A colaboración co Museo Provincial de Lugo de moitos destes persoeiros foi constante dende o momento inicial coa perspectiva posta nun proxecto museístico que, aínda que tiña como base de actuación a provincia de Lugo, aspiraba a transcender eses límites territoriais e posuía unha clara vocación de museo galego. Isto pode acreditarse se nos detemos a analizar a nómina de doadores e colaboradores do Museo e comprobamos como moitos deles participan, tamén, ao longo da súa vida, en importantes proxectos culturais, sociais e empresariais de gran transcendencia na Galiza da segunda metade do século XX.
Implicación de milleiros de persoas nestes 83 anos
Pero alén da importancia decisiva das achegas, moi importantes cuantitativa e cualitativamente, dun círculo reducido de persoas e institucións, se hai algo que caracteriza a historia e evolución do Museo Provincial de Lugo é a implicación de milleiros de persoas que, de distintas maneiras e cadaquén de acordo coas súas posibilidades, puxeron o seu gran de area ao longo destes 83 anos para contribuír a engrandecer e mellorar esta institución.
Dende a Área de Cultura da Deputación de Lugo, que xestiona os museos da Rede Museística Provincial, e dende este museo que é, sen dúbida, o referente esencial dos museos de titularidade provincial, “queremos recoñecer con esta exposición ese esforzo colectivo e esas contribucións individuais. É de xustiza agradecer todas as achegas, independentemente do seu valor, e facer público os nomes das mulleres e homes e as institucións que axudaron nesta travesía de máis de oito décadas na construción deste proxecto. Somos conscientes de que estamos diante dunha obra colectiva e, por iso, queremos darlles as grazas a todos e todas os que fixeron connosco este percorrido e aos que nos axudaron a facelo, porque queremos ser e somos un museo agradecido” concluíu Mario Outeiro.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



